CALVO XIRIA 29 – EL CANARIO CATERING 33
XORNADA 21 19/03/2010 CALVO XIRIA 29 – EL CANARIO CATERING 33 Calvo Xiria 29 (11+18): Kike [p, 5 paradas]; Cuco, Christophe (2), Ramón (2), Iván, Alberto (9/ 3 de 7m),…
XORNADA 21
19/03/2010 CALVO XIRIA 29 – EL CANARIO CATERING 33
Calvo Xiria 29 (11+18): Kike [p, 5 paradas]; Cuco, Christophe (2), Ramón (2), Iván, Alberto (9/ 3 de 7m), Álex Zas (1) –equipo inicial- Iago [p, 4 paradas], Pablo (11/ 2 de 7m), Manu (2), Dubra, Ángel (1), Jesús (1) e Chimpo.
El Canario Catering 33 (17+16): Kustov [p, 16 paradas / 1 de 7m.]; Iago Cuadrado (5), Ángel Martínez (2), Nico (5), Miguel Herranz (2), Pablo Casal (4), Chema Cid (11/ 3 de 7m) –equipo inicial- Manuel [p], Fran Camino, Rubén (1), Decu (2) e Roberto (1).
Colexiados: José María Valdivieso e Pablo Castellanos (Colexio de Castela-León). Excluíron a Alberto (min.12), Cuco (min.27), Jesús (min. 55) e Ángel (min. 57) no bando local e a Chema Cid (min. 11), Fran Camino (min.16), Rubén (min.23), Casal (min.27), Ángel Martínez (min.29), Roberto (min.33), Iago Cuadrado (min.51), Decu (min.52 e 59 e Herranz (min. 57) no equipo visitante.
Parciais: 2-5, 5-9, 7-11, 8-12, 9-13, 11-17 (Descanso) 13-18, 18-19, 20-23, 22-26, 26-29, 29-33 (Final).
Primeiro tempo: 0-1 (Casal), 0-2 (Chema Cid), 0-3 (Cuadrado), 0-4 (Chema Cid), 1-4 (Alberto / de 7 m.), 1-5 (Nico), 2-5 (Pablo), 2-6 (Chema Cid / de 7 m.), 3-6 (Alberto), 3-7 (Cuadrado), 4-7 (Alberto), 4-8 (Chema Cid), 5-8 (Pablo), 5-9 (Cuadrado), 6-9 (Alberto / de 7 m.), 6-10 (Casal), 7-10 (Alberto / de 7 m.), 7-11 (Nico), 8-11 (Alberto), 8-12 (Casal), 8-13 (Nico), 9-13 (Alberto), 9-14 (Herranz), 9-15 (Herranz), 10-15 (Manu), 10-16 (Roberto), 11-16 (Pablo), 11-17 (Rubén).
Segundo tempo: 12-17 (Ramón), 12-18 (Casal), 13-18 (Christophe), 14-18 (Christophe), 14-19 (Chema Cid), 15-19 (Pablo), 16-19 (Alberto), 17-19 (Manu), 18-19 (Ramón), 18-20 (Chema Cid), 19-20 (Pablo / de 7 m.), 19-21 (Chema Cid), 19-22 (Cuadrado), 20-22 (Pablo), 20-23 (Ángel Martínez), 20-24 (Nico), 20-25 (Chema Cid), 21-25 (Jesús), 21-26 (Nico), 22-26 (Zas), 23-26 (Alberto), 23-27 (Ángel Martínez), 24-27 (Ángel), 24-28 (Chema Cid), Pablo (25-28), 26-28 (Pablo), 26-29 (Decu), 26-30 Cuadrado), 26-31 (Chema Cid / de 7m.), 27-31 (Pablo / de 7m.), 27-32 (Chema Cid / de 7m.), 27-33 (Decu), 28-33 (Pablo), 29-33 (Pablo).
7 metros: Calvo Xiria: 6 / 5 # # # El Canario Catering: 3 / 3
Disputouse esta mañá no Pavillón da zona escolar o partido correspondente á xornada 21ª de Primeira División Estatal que fora aprazado no seu día por mor da alerta de temporal. O Calvo Xiria desaproveitou a oportunidade de selar a permanencia matemática na categoría ao caer ante El Canario Catering por 29-33. Os pupilos de Marcos Rodríguez, que foron todo o partido a remolque, nada puideron facer ante o potentísimo equipo chapeleiro que hoxe asegurou en Carballo a súa clasificación para a fase de ascenso. Aínda que estivo no banquiño, O Calvo Xiria non puido contar coa participación de Chimpo que se resentiu da lesión lumbar producida no anterior partido contra o Porriño.
O visitantes comezaron moi ben con un gol de Pablo Casal aos poucos segundos do comezo. A súa muralla defensiva perfectamente asentada e un portentoso Igor Kustov na portería axiña lle permitiron escaparse no electrónico cun 0-4. Os locais tardaron en reaccionar e só inauguraron a súa conta perto do minuto catro con gol de Alberto en lanzamento de sete metros. Non tardou Marcos Rodríguez en solicitar o seu tempo morto que valeu para organizar a faceta defensiva, pero os de Carballo seguían desperdiciando ocasións en ataque. O Calvo Xiria non permitía que os rivais aumentasen a renda pero tampouco era quen de diminuíla. Así as cousas, chegamos ao minuto vinte con vantaxe visitante por 8-12. O Chapela cada vez cerrábase máis atrás e non había forma de atopar ocos, Kustov volve a desbaratar ata seis ataques seguidos (con lanzamento de sete metros incluído) e no último tramo conseguen aumentar a súa vantaxe ata os seis goles. No minuto vinteoito gañaban por 11-17. O marcador non se volveu mover antes do descanso.
Tras a reanudación a diferenza mantense ata pouco despois do minuto tres (12-18), pero neste segundo tempo os carballeses saíron algo máis animosos e defendían con moita máis intensidade empezando a partir de aquí a provocar numerosas perdas de balón dos atacantes. Christophe marca dous tantos consecutivos e con Pablo e Manu no campo os ataques do Xiria semellan alcanzar unha maior rapidez. O público empeza a ver as posibilidades de remontada e non para de animar. Así no minuto seis o Calvo Xiria está a catro goles (14-19) e moi pouco despois colócase a tan só un gol de distancia (18-19) e posesión de bola para conseguir o empate. Os nervios fan que o Xiria desaproveite a posibilidade e a partir de aquí a maior experiencia dos visitantes vailles valer para volver controlar o encontro. O “El Canario Catering” consegue marcharse de novo e acadar ata seis tantos de renda a poucos minutos do final (27-33). Nos instantes finais dous goles de Pablo, o máximo artilleiro do partido, permiten ao Xiria reducir distancias. O evento remata coa derrota local por 29-33, pero coa satisfacción moral de sentirse superiores neste segundo período.