Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CAIXANOVA OCTAVIO 34 – VIPECÓN XIRIA 33

Caixanova Octavio 34 (15+19): Pablo, Alberto (6), Castiñeira (6), Rodrigo (8), Xacob (1), Ismael (5), Diego (5) -equipo inicial- Barros, López (3), Bruno, Luís, Álex. Vipecón Xiria 33 (16+17): Iván,…

Caixanova Octavio 34 (15+19): Pablo, Alberto (6), Castiñeira (6), Rodrigo (8), Xacob (1), Ismael (5), Diego (5) -equipo inicial- Barros, López (3), Bruno, Luís, Álex.

Vipecón Xiria 33 (16+17): Iván, David (18), Miguel (5), Jorge Bouzas (1), Álex, Rubén (1) ,Javi (3) -equipo inicial- Bisbi, Jorge Viñas (2), Luís García, Edu, Martín (3).

Colexiados: Carla Diz e Ana Correa.

Chegaba o partido máis importante da campaña para os dous conxuntos, xa que practicamente deixaría decidido o subcampionato e a segunda das prazas que dan acceso ao Campionato de España, acompañando ao xa campión galego, Caixanova OAR. Os dous equipos chegaban igualados na clasificación, pero o Vipecón xa demostrara ao longo da competición estar moi por encima do equipo vigués no referente a xogo en equipo e o seu talento técnico e, sobre todo, táctico era superior ao do conxunto local, de feito na primeira volta en Carballo, os de Xiria xa gañaran aos vigueses por sete goles de diferencia (40-33).

O equipo carballés saíu moi concentrado e cunha altísima intensidade, o partido era vibrante, igualado e competido polo que se xogaba no envite. Os de Carballo poñíanse por diante no marcador dende o inicio e, aínda que con curtas vantaxes, mandaban no encontro con seu xogo rápido e a mobilidade dos seus rapaces nas respostas sin balón. Polo contrario, os de Vigo só se mantiñan no partido con accións individuais, unicamente baseadas na sua maior antropometría e peso, moitas delas sen ser sancionadas con faltas en ataque ou con exclusións por empurróns ou agarróns en tarefas defensivas. Ao descanso o marcador sinalaba un 15-16 para os visitantes e tan só quedaba media hora para conseguir a vitoria desexada.

A segunda metade foi un un cúmulo de infortunios e a arbitraxe protagonizou unha incidencia clara no que foi o resultado final, sobre todo no plano disciplinario con respecto aos locais que non eran quen de defender aos xogadores máis rapidos e habilidosos do Xiria, recurrindo a agarróns e empurróns que quedaban sen sancionar por parte das colexiadas. En tarefas atacantes a busqueda case a desesperada do pivote, provocaba faltas en ataque moi claras, tanto diste como do lateral esquerdo local Rodrigo Mariño, pero, igualmente, a permisividade arbitral nunca sancionou estas ilegalidades. Os de Xiria mantiñan unha renda de dous e tres goles durante toda a reanudación ata os minutos finais, onde se producía o maior dos infortunios: O partido estaba empatado a 33 (a igualada era un resultado que lle valía ao Vipecón Xiria para manterse por diante do Octavio na clasificación) e os de Carballo dispoñíanse a lanzar un penalti a falta de 15 segundos para o remate do choque. O penalti non se consegue transformar e na acción posterior con tan só 10 segundos para rematar, o xogador Diego Piñeiro recorre o campo en bote e lanza dende os nove metros, con tal mala sorte que o porteiro carballés para o balón, o rebote peta no pau, rebota na sua espalda, bota sobre a liña de gol e acaba introducindose na portería carballesa por moi pouco. Esta é a realidade dunha inxustiza da que se fixeron eco árbitros alí presentes e os propios entrenadores do Octavio xuvenil que así o fixeron saber aos técnicos de Carballo.

Os nosos rapaces deben de ir ca cabeza ben alta polo marabilloso balonmán exhibido e a superioridade demostrada nos dous partidos que os enfrontaron cos vigueses e que non deixa dúbida de quen é mellor equipo. O deporte, ás veces ten estos varapaus, pero hai que esgotar as últimas posibilidades, xa que se o Octavio perde empata na derradeira xornada en campo do Teucro, o Xiria podería recuperar ese segundo posto da clasificación.