BALONMAN VIVEIRO 4 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 48

26/10/2003 2ª XORNADA

Os xuvenís do Asesoría Sueiro Xiria sumaron a súa segunda victoria noutras tantas xornadas de liga ó derrotar a domicilio ó Bm.Viveiro por un contundente 4-48.

De mero trámite pódese considerar o enfrontamento dada a gran diferencia existente entre os dous equipos. Xa se rompeu o encontro no minuto 15 da primeira metade ó acadar o Xiria unha diferencia de dez goles ó seu prol. O resto do encontro foi un infuctuoso intento do Balonmán Viveiro de conquerir algún gol mentres os xogadores de Marcos Rodríguez adicaronse a defender e a correr o contraataque.

Reseñar o debut nos carballeses de Gonzalo, recén saído dunha lesión.

BALONMÁN VIVEIRO: José, Rubén, Antonio, Díez, Óscar, Iván ( 2 ), Carlos, González, Borja, Abraham ( 2 ), Aitor e Alejandro.

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Miguel, Bruno ( 8 ), Hugo ( 7 ), Pablo ( 8 ), Chimpo ( 4 ), Álex ( 2 ), Quique, Carlos ( 14 ), Queco ( 3 ), Gonzalo ( 2 ), Cuco e Fernando.

Os colexiados galegos Sres. Sanmartín e Flores estiveron correctos, non influindo no resultado.