Fadesa Universidad 29 – Calvo Xiria 24
O Calvo Xiria caeu derrotado por 29-24 na cancha do Fadesa Universidad en partido pertencente á 6ª Xornada da 1ª División Estatal de Balonmán. O mais salientable do encontro foi…
O Calvo Xiria caeu derrotado por 29-24 na cancha do Fadesa Universidad en partido pertencente á 6ª Xornada da 1ª División Estatal de Balonmán. O mais salientable do encontro foi o susto que se levaron os de Juan Fernández coa conmoción sufrida por Mario.
Cumprironse as expectativas e o derbi non defraudou ós siareiros, maioritariamente carballeses, que ateigaron o Pavillón Municipal San Francisco Javier de A Coruña. A igualdade foi a tónica predominante na primeira metade agás un pequeno baixón dos visitantes que foi aproveitado polo Fadesa Universidad para irse de 4 goles no marcador.
Na continuación e cando a reacción dos de Carballo parecía que se estaba a producir, o lateral carballés Mario sufríu un choque que o levaría a bater fortemente coa cabeza no chan. Aínda que nos primeiros intres se mantivo en pista, tivo que ser retirado en ambulancia minutos depois xa que padecía unha forte conmoción que o mantería no hospital ata última hora da tarde. Para colmo de males David Silván tamén precisou de asistencia médica e sutura nunha cella por un golpe fortuito case ó mesmo tempo que se producía a lesión de Mario. Con todos estes contratempos os visitantes tentaron repoñerse e lograron achegarse ós 3 goles de diferencia, aínda que ó final impuxose a gran calidade da plantilla coruñesa.
Aliñacións
– Polo Fadesa Universidad:
Abel, Juanjo, Nano ( 2 ), Blanco ( 1 ), Aymar ( 5 ), Salinas ( 6 ) e Paulovic ( 5 ) – equipo inicial – Óscar Patiño, Iago Acuña ( 3 ), Ricard ( 1 ), Ayllón, Cillero, Zapatero ( 3 ) e Razola ( 3 ).
– Polo Calvo Xiria:
Villa , Marcos ( 3 ), Fernando ( 8 ), David ( 5 ), Sergio ( 1 ), Gvazava ( 2 ) e Alberto – equipo inicial – Víctor, Mario, Javi, Ofi ( 2 ), Alfonso ( 1 ) e Dubra ( 2 ).
Marcador cada 5 minutos
1-2 / 6-4 / 8-7 / 11-7 / 14-10 / 17-13 / 17-14 / 18-14 / 21-15 / 23-16 / 25-19 / 29-24
Os colexiados Sres. Castañedo Martínez e Pérez Oca tiveron unha correcta actuación.
Unas 400 persoas acudiron ó Pavillón Mpal. San Francisco Javier de A Coruña, con gran presencia de seguidores carballeses.