BALONMANO LUGO 19 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 23
Balonmano Lugo (9+10) 19: JJuan, José A. (3), Oscar, Omar, F. José (3), Carlos (1), José María, Manuel, Javier (5), Seijas, Justo (1), Marcial (5), Barandela (1), Pelayo. Adestrador: José…
Balonmano Lugo (9+10) 19: JJuan, José A. (3), Oscar, Omar, F. José (3), Carlos (1), José María, Manuel, Javier (5), Seijas, Justo (1), Marcial (5), Barandela (1), Pelayo. Adestrador: José Sánchez Del Valle.
Ifecgas Pereira Xiria (12+11) 23: Guillín, Angel (6), Ramón (5), Sergio, Barreiro (1), Ruben, Fernando (3), Raúl, Eloy, Alfredo (1), Zas, Adrian, Aitor (4), Diego (3). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Colexiados: Cesar Carballo e Víctor Freire. Discutidos.
SORPRESA!, ese é o titular da crónica desta semana. Un hipermotivado Ifecgas Pereira Xiria deu a sorpresa da 16 ª xornada da 2º División Autonómica ao impoñerse ao líder da categoría. Lider que ata o día de hoxe tan só se deixara tres puntos polo camiño.
Cando nadie daba un peso polo equipo dirixido por Juan M. Rodríguez (numerosas baixas, partido contra o lider na a domicilio, posible arbitraxe caseiro…), o Ifecgás sacou todo o seu orgullo e ofreceu un espectáculo defensivo durante todo o encontro que sacou ao equipos lucense fora do partido.
O partido comezou cun impreciso Ifecgás Pereira que non atopou o seu lugar nos primeiros dez minutos. Froito diso chegou a primeira vitoria parcial do Lugo por 3 goles. Pero pouco a pouco o equipo visitante foise asentando. Momento no que empezou a xurdir unha defensa moi agresiva que non deixaba pensar ao rival e que facilitaba o traballo ao porteiro con lanzamentos malos do Lugo. Isto xunto con un calculado ataque, rápidas transicións cando había superioridade e lento no resto dos momentos para gardar forzas, fixo que o equipo carballés remontase o partido ata marcharse ao descanso cunha vantaxe de 3 goles (9-12).
A segunda metade comezou como rematara a primeira, os de Carballo poñían terra de por medio con cinco goles e enmudecían ao pavillón (10-15). Pero un arrebato de casta do Bm Lugo unido a unha páxara do Xiria levou un parcial de 4-1 que meteu de novo ao Lugo no partido. A presión palpábase no ambiente, as bancadas estaban co seu equipo e o Ifecgás notaba o alento do Lugo no cogote. Mais os carballeses non se desplomaron e volveron a coller as rendas do partido para conseguir un parcial de 9-3 que deixou os dous puntos en xogo na cesta do Ifecgás e o público e os xogadores locais excusándose na arbitraxe. Unha arbitraxe que se ben foi bastante mala, non foi escusa na derrota pois os colexiados mantiveron un mesmo criterio: pitaron igual de mal nunha e outra area e practicaron moito a lei da compensación. Froito diso foi que os últimos minutos do partido terminouse con catro xogadores en pista por parte dos dous equipos. O problema foi que o Lugo non soubo ter calma nos minutos decisivos do partido e dedicarse a xogar, mentras o Ifecgas Pererira Xiria si que se dedicou a facer o seu xogo sen preocuparse dos árbitros e subindo gol a gol o parcial que lle deu o partido, a vitoria e os dous importantisimos puntos na loita por meterse na fase de ascenso á 1ª División Autonómica.
A vindeira fin de semana o Ifecgás tentará continuar co mesmo nivel de xogo ante un moi duro rival, o Balonmán Pontedeume.es, que afincado dende hai moito tempo na segunda praza da clasificación foi o primeiro equipo en vencer ao todopoderoso Lugo. Non deixen de acudir o pavillón para ver este e outros desenlaces do campionato porque o filial do Xiria tamén necesita o cariño do público e a alguén a que amosar todo o balonmán que levan dentro.