Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM PONTEDEUME.ES 22 – PROCASA XIRIA 40

Bm Pontedeume.es: David, Prego (3), Kevin (11), Hugo (1), Varela (1), José (4), Carlos (2) -equipo inicial- Rico, Fernando, Antonio, Pena, Martín Sanjuan. Procasa Xiria: Miguel, Edu (4), Álex (8),…

Bm Pontedeume.es: David, Prego (3), Kevin (11), Hugo (1), Varela (1), José (4), Carlos (2) -equipo inicial- Rico, Fernando, Antonio, Pena, Martín Sanjuan.

Procasa Xiria: Miguel, Edu (4), Álex (8), Nogales (2), Luis (3), Ruben Gómez (15), Ruben Anes -equipo inicial- Martín Gómez, Jorge, Martín Alfeirán, Calvete (5), Javi (3). Adestrador: Fernando Vázquez.

Colexiados: O colexiado Alberto Picallo pasou desapercibido.

O Procasa Xiria acadou unha vitoria sinxela, a pesar de contar con varias baixas, a domicilio ao impoñerse na cancha eumesa por 22-40, o que situa aos carballeses nunha meritoria terceira praza na táboa, dado que é un equipo composto só por rapaces infantís de primeiro ano. Desta maneira, o equipo carballes visitará a pista do Bm Oleiros a vindeira fin de semana nunha posición inmellorable.

O equipo eumés presentouse na pista cun equipo de certa envergadura físca, aínda que con pouca experiencia no que se refire a tempo xogando ao balonmán, o que propiciou que os visitantes, moito máis curtidos nesta cuestión, se levaran o partido de forma sinxela e cómoda dende o principio.

A mobilidade en ataque dos rapaces do Procasa Xiria facíalle moito dano aos locais, que non eran quen de parar aos de Carballo, ademais a rapidez dos carballeses no contraataque facia o resto, para poñer, xa no intermedio, un marcador certamente abultado, 12-22 a prol dos de Fernando Vázquez.

A segunda metade seguiu polos mesmos derroteiros, sen máis inquietude que a de saber de canto serian capaces de gañar os rapaces do Procasa Xiria. Ao final un marcador de 22-40 que deixa ben as claras a superioridade nestes momentos dos infantis de primeiro ano das EB Xiria.

Estiveron ben os rapaces, presentando en todo momento, aparte da sua calidade e bo xogo, unha intensidade, actitude e loita dignas de destacar, máis se cabe nun partido que resultou tan sinxelo.