BALONMANO PORRIÑO 12 – VIPECÓN XIRIA 50
Balonmano Porriño: 12 (3+9): Borja, Gonzalo, Adrián (1), Sergio (2), Brais (5), Xoan (3), Álex (1) -equipo inicial- Carlos, Roberto, Abdelhadi, Samuel, Pereiro. Vipecón Xiria 50 (27+23): Zúpez, Martín (10),…
Balonmano Porriño: 12 (3+9): Borja, Gonzalo, Adrián (1), Sergio (2), Brais (5), Xoan (3), Álex (1) -equipo inicial- Carlos, Roberto, Abdelhadi, Samuel, Pereiro.
Vipecón Xiria 50 (27+23): Zúpez, Martín (10), Rubén Gómez (8), Álex (5), Rubén Anes (4), Jorge (7), Javi(2) -equipo inicial- Miguel, Edu (2), Óscar (2), Alberto (3), Luís (1), José, Calvete (6).
Colexiados: Borja Rodríguez e J. Andrés Casaleiro.
Comezaba a competición de liga na categoría de División de Honra cadete. O Vipecón Xiria viaxaba á a localidade pontevedresa do Porriño para enfrontarse ao Bm. Porriño, equipo recén ascendido a esta categoría.
Dende o comezo do encontro, o equipo de Carballo amosouse insultantemente superior en todas as facetas, demostrando o porqué do seu favoritismo como un dos candidatos a loitar polos postos altos da táboa clasificatoria. A defensa visitante impoñíase aos ataques do Porriño e, tras rápidos contraataques, os do Xiria perforaban unha e outra vez a portería contraria para establecer, xa nos primeiros minutos, un parcial de 0-8. O equipo porriñés non conseguía o seu primer tanto ata mediada este primeira metade mentres os do Vipecón seguían a aumentar as diferenzas con un aire altamente competitivo, onde puideron participar todos e cada un dos efectivos do equipo. A ambición dos carballeses e a súa intensidade en todos os aspectos do xogo fixo posible que se retiraran aos vestiarios cun resultado parcial de 3-27.
Na segunda metade, os xogadores de primeiro ano do conxunto carballés puideron disfrutar de máis minutos e, lonxe de baixar o nivel, foron eles os que pouco a pouco aumentaban a vantaxe con un balonmán de alta calidade, ensinando o potencial de este extraordinario plantel. A pesar da diferenza no electrónico, o Xiria soubo manter a intensidade e competitividade ata o pitido final, o que propiciou o avultado do resultado final, 12-50, e, o que é máis importante, os dous primeiros puntos do campionato e unhas sensación inmellorables para posteriores enfrontamentos.
Na segunda xornada, o Vipecón Xiria enfróntase ao Balonmán Pabellón Ourense, domingo ás 10.30 h no Pavillón Municipal Vila de Noia (Zona Escolar).