Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BALONMANO PORRIÑO 13 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 50

COPA FEDERACIÓN XORNADA 1 15/09/2012 Bm. Porriño: 13 (6+7): Couso, Barciela (3), Ramos (2), Tato (4), Pereiro (3), Vila (1), Dani -equipo inicial- Sousa, Porto, Otero, Vázquez, Rodríguez, David, Isidro. Ifecgás…

COPA FEDERACIÓN XORNADA 1

15/09/2012

Bm. Porriño: 13 (6+7): Couso, Barciela (3), Ramos (2), Tato (4), Pereiro (3), Vila (1), Dani -equipo inicial- Sousa, Porto, Otero, Vázquez, Rodríguez, David, Isidro.

Ifecgás Pereira Xiria: 50 (24+26): Buño, Bouzas (8), Martín (6), Javi (10), Anes (2), Álex (3), Calvete (4) -equipo inicial- José (1), Julián (8), Edu (6), Alberto (2), Óscar.

Colexiadas: Silvia Vázquez e Sara Pacheco.

Comezaba no pavillón municipal de Porriño a nova andadura do Ifecgás Pereira Xiria, campión galego da Liga de División de Honra a pasada tempada e que terá que defender título nesta campaña nunha liaga que comeza o vindeiro 7 de outubro.

O primeiro envite deixounos un Ifecgás Pereira coas mesmas sinais que as do ano anterior: un equipo cunha altísima intensidade, con moita capacidade de sacrificio e cun xogo dinámico e vistoso, ademáis de práctico.

Os bergantiñáns saíron dende o minuto un a rematar a faena pola vía rápida e practicamente o partido xa rematara nas primeiras defensas, acompañadas de transicións letais (1-5). O forte ritmo na retagarda e a velocidade puxéronse de manifesto dende os primeiros compases para selar os dous primeiros puntos xa nos primeiros trinta minutos (6-24).

Na segunda parte o Ifecgás Pereira non baixou a súa concentración e seguiu marcando un ritmo moi alto en defensa e frenético no contragolpe para firmar un marcador certamente avultado. Un partido sen máis historia que abre a competición oficial para este equipo que, de novo, aspira a estar entre os favoritos para conseguir o campionato ligueiro.

A semana que ven, os bergantiñáns xogarán no Vila de Noia carballés contra o Bueu Atl. na segunda xornada da Copa Federación. O encontro disputarase as 18:15