BALONMANO PORRIÑO 32 – GRUPO LEMACO XIRIA 34

COPA FEDERACIÓN XORNADA 1

15/09/2012

Bm. Porriño: 32 (13+19): Miguel, Samuel (9), David (7), Pereiro (1), Moreiras (3), Gabriel (5), Sergio (3) -equipo inicial- Pablo (2), Borja (2), Iván, Dani.

Grupo Lemaco Xiria: 34 (14+20): Buño, Iván Campos (9), Diego (1), Enrique (5), Dani (4), Pablo (1), Lolo (6) -equipo inicial- Iván Calvo (1), Gabriel (2), José Eiroa (3), Borja (1), José Pereira (1), Alex Figueroa.

Colexiadas: Silvia Vázquez e Sara Pacheco.

Os cadetes das Escolas Balonmán Xiria, estreaban denominación e patrocinador (Grupo Lemaco Xiria) no pavillón municipal porriñés no inicio da competición oficial (Copa Federación) e non o podían facer de mellor maneira, xa que se impuxeron ao Bm. Porriño nun encontro moi disputado ata os minutos finais.

O encontro foi certamente vistoso, xa que a igualdade e as alternancias no electrónico, foron as notas predominantes ao longo dos sesenta minutos. Os equipos aínda se atopan en plena pretempada, polo que as imprecisións e o ritmo de xogo amosan moitas lagoas que corrixir por parte de ambos técnicos. O que si demostraron os conxuntos cadetes das dúas entidades, foron moitas gañas e compromiso e isto fixo posible que o partido fose dinámico e divertido para o espectador. Os ataques sempre foron superiores ás retagardas e xa no descanso o marcador sinalaba uns algarismos a ter en conta (13-14).

Non foi distinta a reanudación, pero foron os carballeses os que nos últimos sete minutos daban un estirón e íanse ata os cinco goles de diferenza, que, ao final, foron insalvables para os de casa. Nestes intres finais, foron máis que suficientes cinco minutos de inspiración defensiva por parte dos de Xiria para levar aquela distancia ao seu casilleiro a través de rápidos contragolpes que remataban nas mallas do Porriño.

Ao final, dous puntos significativos para comezar con ánimo a tempada e bo traballo en liñas xerais dos rapaces bergantiñáns, especialmente aqueles que son de primeiro ano e que tiveron un estreo máis que brilante na categoría cadete.

O próximo partido a disputar polo Grupo Lemaco Xiria será o 22/09/12 as 16:30 h no Vila de Noia carballés, onde recibe ao Bueu Atl. na segunda xornada desta Copa Federación.