Terceiro Encontro: Carballo

Remataron xa unhas xornadas que as entidades participantes no proxecto ‘Práctica deportiva e inclusión social’ desenvolveron en Carballo. Durante o desenvolvemento da actividade reflexionouse sobre múltiples cuestións que afectan ás entidades sen ánimo de lucro en xeral, e no eido do deporte en particular. En moitos casos a problemática é similar en todos os países, o cal contribuiu a crear puntos de encontro comúns para partindo de aí, poder establecer boas prácticas que axuden a solucionar os problemas na medida do posible. Os participantes tamén tiveron tempo para coñecer o entorno da vila carballesa facendo un percorrido polo seu patrimonio natural e cultural.

carballo3

Os workshops e as mesas redondas programadas ofreceron unha ampla visión da realidade do deporte amateur e dos problemas cos que se atopan as entidades en temas como a formación, a comunicación coa sociedade ou o financiamento. Especialmente interesante resultoron tamén as experiencias baseadas na inclusión como é o caso de ASPABER ou a actividade de Escolas de Verán que a entidade Escolas Balonmán Xiria leva realizando desde fai 19 anos.

Despois de catro intensos días de actividade o pasado 30 de agosto partían os participantes nesta terceira fase. O próximo encontro será en París a primeiros de Novembro, e a entidade de acollida será France Amérique Latine.