IFECGAS PEREIRA XIRIA 54 – BUEU ATL. 17

COPA FEDERACIÓN

XORNADA 2

22/09/2012

Ifecgás Pereira Xiria: 54 (24+30): Buño, Bouzas (6), Martín (8), Javi (5), Anes (7), Alberto (4), José (3) -equipo inicial- Calvete (4), Zúpez, Edu (7), Rubén Gómez (5), Óscar, Álex, Julián (5).

Bueu Atl: 17 (10+7): Mateo, Vidal (4), Iglésias (3), Aguete (1), Castro (3), Piñeiro (4), Miguel (2) -equipo inicial- Gallego, Villegas, Pedro, Samuel, David, Martín.

Colexiados: Manuel Currás e Borja Pazos.

Partido sinxelo e sen historia o que disputaron o Ifecgás Pereira Xiria e o Bueu Atético no Vila de Noia de Carballo e no que os locais puxeron de manifesto a súa superioridade.

Os bergantiñáns non puideron contar con xogadores como Álex (inmerso nun proceso gripal) e Óscar (cunha pequena rotura de fibras), aínda que se sentaron no banco para arroupar e apoiar aos seus compañeiros neste primeiro partido oficial no pavillón carballés.

Comezaron os locais defendendo forte e con intensidade e correndo ao contraataque, tal e como a eles lles gusta. Isto fixo posible que as distancias foran cómodas e incluso avultadas dende os primeiros minutos, e xa no remate do primeiro tempo o partido reflectía un marcador moi amplo a prol dos de Xiria (24-10).

Na segunda parte o Ifecgás Pereira non baixou a intensidade e seguiu marcando un ritmo moi alto en defensa e frenético no contragolpe, para firmar un marcador de escándalo que lles mantén no máis alto da táboa clasificatoria desta Copa Federación.

Na próxima xornada, derradeira da fase de grupos, os carballeses viaxarán a Vigo para enfrontarse o Academia Octavio, segundo clasificado deste grupo con 4 puntos, os mesmos que os de Carballo polo que o partido será decisivo para obter a 1ª posición que da acceso a semifinais.