BM. ÁRTABRO 16 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 28

XORNADA 6

11/11/2012

Bm. Ártabro: 16 (6+10): Hadrián, Álvaro (5), Iago (4), Manuel (2), Pablo (1), Rubén (2), Duarte (1) -equipo inicial- Antón, Jorge, Alberto, Sergio (1), Álex, Omar.

Ifecgás Pereira Xiria: 28 (14+14): Zúpez, Anes (1), Martín (6), Javi(2), Alberto (6), Calvete (3), Rubén Gómez (3) -equipo inicial- Edu, Óscar, Fidi, Iván (3), Enrique, José, Julián (4).

Colexiados: Andrés Bacelar e Abel Juncal.

Parece que despois dun comezo de liga algo titubeante, o Ifecgás Pereira está a tomar velocidade de cruceiro apoiado nas sinais de identidade que o levaron a conquerir dous campionatos galegos na historia recente. O equipo, despois da vitoria desta fin de semana en terras coruñesas, colócase cuarto na táboa clasificatoria e cun partido menos (o aprazado contra Lalín).

O encontro que enfrontaba ao Xiria co Ártabro prevíase moi complicado e ante un equipo con moito potencial en todas as súas liñas. Os bergantiñáns eran sabedores de este feito, pero tamén eran conscientes de que non podían deixar escapar máis puntos na súa intención de seguir mirando cara os postos altos da clasificación. Dende o pitido inicial podíase apreciar que os visitantes estaban concentrados e intensos co fin de non dar ningunha opción aos de casa e cando este conxunto xuvenil ten ese estado de gracia e ese nivel de compromiso é certamente difícil de bater. Os rapaces do Ártabro sufrírono nas súas carnes e mostrábanse impotentes fronte á férrea defensa carballesa que repelía unha e outra vez os seus ataques. Os seis goles que foron capaces de marcar nos primeiro trinta minutos daban fe da dificultade que encontraban no día de hoxe os xuvenís coruñeses.

Co encontro moi de cara para os intereses do Ifecgás Pereira (6-14 nos primeiros trinta minutos), a reanudación nada tivo de incerteza, pero si se puido gozar dun Xiria en todo o seu esplendor, mostrando ese xogo tan dinámico, alegre e vistoso ao que nos ten acostumados. Saíra quen saíra ao terreo de xogo (todos os rapaces foron partícipes na vitoria) aportaba algo diferente pero igual de efectivo e xogadores non habituados a competir en segundo que posicións sorprendían con desparpallo e disciplina.
A defensa visitante foi suficiente para manter a raia as embestidas locais e non permitir ningún acercamento no electrónico. Control do ritmo do ataque e velocidade no contraataque en segunda oleada foron as outras pautas a seguir para “matar” o partido definitivamente e acadar este dous puntos tan importantes co resultado final de 16-28.

A vindeira fin de semana o Ifecgas Pereira terá que disputar, de novo outro, encontro como visitante, neste caso en terras do Lérez contra o Bm. Cisne, equipo que ocupa a décima posición da táboa clasificatoria con dous puntos.