XORNADA 6
11/11/2012
Bm. Ártabro: 35 (17+18): Angel, Rubén (8), Jorge (7), Alberto (5), Javi (4), Nacho (4), Lucas (2) -equipo inicial- Brais, Alfonso, Samuel, Martín, Antón (3), Manuel (2).
Grupo Lemaco Xiria: 49 (29+20): Buño, Iván Campos (13), Diego (3), Enrique (11), Dani (1), Gabriel (1), Lolo (9) -equipo inicial- Iván Calvo (6), Jorge, Pablo (1), Pereira (3), Álex, Andrés (1), José.
Colexiados: Abel Juncal e Andrés Bacelar.
O Grupo Lemaco Xiria avanza como un auténtico lóstrego na liga da división de honra en categoría cadete e situase cuarto na táboa clasificadora a un só punto do líder.
A vitoria da pasada fin de semana, na difícil pista coruñesa do Balonmán Ártabro, fraguouse dende o inicio con absoluta superioridade dos visitantes, tal e como nos teñen acostumados nos últimos enfrontamentos. Bastaron quince minutos de encontro para que os bergantiñáns romperan o partido ao seu favor en rápidas transicións defensa-ataque cun parcial de 0-6. A partir deste intre os de Xiria pasaron a dominar a retagarda con moita concentración e intensidade e o ataque posicional con un ritmo alto de balón e un xogo dinámico e vistoso por parte de todos os seus xogadores. O partido estaba a ser moi entretido para o espectador, entre os que se encontraban un bo grupo de pais e nais dos nosos rapaces. Os de Carballo gañaban no primeiro parcial e retirábanse os vestiarios cun incontestable 17-29.
Nada foi distinto na reanudación e os do Grupo Lemacoa controlaban o ritmo do encontro ao seu antollo, elixindo cando lanzar o contaataque ou cando frear o mesmo. A intesidade defensiva e a disciplina atacante seguían a ser os mellores baluartes de este grupo tan xoven.
Durante todo o encontro, a única faceta onde os locatarios superaron e sorprenderon ao equipo bergantiñán foi no saque rápido de centro despois de encaixar gol, método que lles propiciou engrosar o seu casilleiro ata os 35 goles. Pero non foi suficiente este feito para que os coruñeses quedaran cos dous puntos no peto e a participación de todos os rapaces convocados no Grupo Lemaco, antóllase esencial para manter o bo ritmo e intensidade que levou a este equipo a vitoria final.
A próxima fin de semana, o Grupo Lemaco Xiria desprázarase de novo fóra da súa casa, neste caso para enfrontarse en Moaña ao equipo de esa localidade pontevedresa.