IFECGÁS PEREIRA XIRIA 30 – BM. CISNE 47

Ifecgás Pereira Xiria 30 (18+12): Bisbi, Dani (5), Zas (1), Martín (2), David Álvarez (1), Miguel (2), Antón (7) -equipo inicial- Iago (9), Naya, Iván, Brais, Adrián (3), Cristian, Jorge Docampo.

Bm Cisne 47 (22+25): Adrián, Chan (11), Miguel (6), Andrés (1), Estanislao (9), Enrique (7), Pablo (6) -equipo inicial- André, Javier (4), Eloy, Carlos (1), Antonio (2).

Colexiados: Andrés Bacelar e Abel Juncal.

O Ifecgás Pereira Xiria recibía, na 17ª xornada de liga na División de Honra Cadete, a visita do Bm Cisne de Pontevedra, segundo clasificado e un dos favoritos ao título e á clasifiación para o campionato estatal.

O equipo carballés, virtualmente xa salvado do descenso posto que está 6 puntos da zona de perigo a falta de 6 xornadas, pretendía facer un bo partido e mostrar a súa mellor faciana contra un dos rivais máis forte da categoría, ademáis de dar minutos aos xogadores menos habituais. No inicio do encontro, os de Carballo amosaronse como un equipo falto de intensidade, con algúns de estes xogadores que contan con menos minutos sobre a pista. Os de Pontevedra, polo contrario, saían á pista coma un ciclón e xa nos primeiros minutos conseguían vantaxes importantes, 1-5, 2-8. A partir do minuto quince e despois dun tempo morto solicitado polo adestrador local, o Ifecgás Pereira espertaba e poñía na cancha un aceptable tono defensivo que provocaba os erros do rival. No ataque posicional, o xogo en 2:4 facía moito dano ao Cisne e permitía os lanzamentos exteriores dos do Xiria que se acercaban de forma ilusionante no marcador. Ao remate do primeiro acto o electrónico sinalaba un 18-22 a prol dos visitantes.

No reinicio, o Ifecgás Pereira Xiria loitou, pero con máis corazón que cabeza e apareceron as precipitacións nos lanzamentos e nos pases, erros que propiciaban a saída ao contragolpe dos pontevedreses e facilitaban a consecución de goles por parte destes. O bo facer en quince minutos da primeira parte quedaba dilapidado nos mesmos minutos da reanudación. Nos derradeiros minutos do encontro só existíu o Cisne na pista xa que os bergantiñáns baixaban os brazos definitivamente esgotados polo esforzo físico anterior, factor que aproveitaban os visitantes para aumentar a diferenza no electrónico e deixar un resultado moi avultado de 30-47.

O próximo encontro a disputar polo Ifecgás Pereira Xiria será a domicilio fronte ao líder, o Caixanova Octavio vigués.