Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 29 – SD.TEUCRO NORBROK 38

Garaysa Xiria 29 (15+14):Jorge, Daniel Garcia, Iván (4), Óscar, Alberto (6), Julián (9), Enrique (4), Raúl , Diego (4), Manuel (2), Daniel Buño e Miguel. S.D. Teucro Norbrok 38 (18+20):…

Garaysa Xiria 29 (15+14):Jorge, Daniel Garcia, Iván (4), Óscar, Alberto (6), Julián (9), Enrique (4), Raúl , Diego (4), Manuel (2), Daniel Buño e Miguel.

S.D. Teucro Norbrok 38 (18+20): Arosa(1), Martin, Felipe, Aser (3), Jose C. (7), Ruben (10),Matías (4), Aarón (6), Santiago, Andrés (3), Dominguez, Diego, Miguel (4).

Colexiados:

Partido duro e dificil o que debía disputar o Garaysa fronte ao Teucro, un dos equipos que está a loita polas prazas de honra da categoría.

Os de Carballo amosaron unha mellor imaxe e mellor xogo que o que nos ofreceran fronte ao Lalí o pasado luns.

A primeira metade foi bastante igualada, cun bo xogo en ataque e unha defensa bastante contundente. O Teucro, con xogadores máis corpulentos e fortes movían ben a bola, amosando un xogo fluido e buscando ao seu pivote de 1’80 m de estatura. O Xiria moveu ben a bola con Alberto buscando penetracións, xogando co pivote e con Julián lanzando en carreira, pero a defensa pontevedresa era un muro dificil de derrumbar, ao contrario da defensa carballesa que era feble nos contactos. Ao descanso chegábase cunha vantaxe de 3 tantos a prol dos visitantes, 15-18.

Na segunda metade o Garaysa perdeu fluidez no xogo e cometeu algúns erros no pase o que propiciu os contragolpes do Teucro que así abriu brecha ata os 9 goles de renda final, 29-38.

En resumo, faltou contacto defensivo e paciencia en ataque, algo no que deben mellorar os rapaces de Alberto Salgado cara o vindeiro compromiso que será a domicilio fronte a outro dos equipos que loitan polas primeira prazas, o Calfoncal lavadores de Vigo.