Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM BUDA LALIN 28 – CALVO XIRIA 25

XORNADA 11 06/12/2008 BM BUDA LALIN 28 – CALVO XIRIA 25 Bm Buda Lalín 28 (16 + 12): Pablo, José (2), Miguel (6), Gustavo (3), Xosé (8), Jorge (2), Roberto…

XORNADA 11

06/12/2008 BM BUDA LALIN 28 – CALVO XIRIA 25
Bm Buda Lalín 28 (16 + 12): Pablo, José (2), Miguel (6), Gustavo (3), Xosé (8), Jorge (2), Roberto (4) – equipo inicial – Crespo, Antonio, Martín (2), Bruno (1), Iago, Diego, Adrián.

Calvo Xiria 25 (10+15): Quique, Cuco (1), Borja (1), Bruno (3), Gonzalo, David (12) e Dubra (1) -equipo inicial- Iago, Alex (3), Pablo (1), Chimpo, Jesús (1), Ramón (1) e Manuel (1).

Colexiados: Srs. Madrazo e López, non influíron no resultado.

Parciais: 4-1, 6-4, 10-4, 13-6, 13-8, 16-10, 18-12, 18-14, 22-16, 24-19, 26-22, 28-25.

Non acaba de atopar o camiño da vitoria nos partidos que disputa o Calvo Xiria lonxe da Zona Escolar. Desta volta caeu derrotado ante o Bm. Lalín por 28 – 25.

Duelo de equipos necesitados de puntos o disputado esta fin de semana no Pavillón Municipal de Lalín, e no que se levou os dous puntos o que antes e con máis confianza entrou no partido. Xa no minuto quince mandaba o conxunto local por 10 – 4, diferenza acadada polo xogo en equipo que desenvolveu o cadro do Buda mentres o Calvo non atopaba o camiño ata a porta local e cando chegaba con claridade atopábase coa boa labor do porteiro Pablo que impediu finalizar un alto porcentaxe dos ataques carballeses.

O resto do encontro foi disputado por unha parte polo bando do Lalín tratando de manter e aumentar a vantaxe adquirida e polo outro bando o Xiria que quixo remediar os erros dos primeiros minutos e da man dun acertado Iago baixo os paus achegouse ata os dous goles aproveitando momentos de desconcerto por partes dos locais. Pero non foi suficiente para conseguir nada positivo neste encontro.