Crónica do BM Camariñas 23 – Goldie Xiria 10
Manuel Rey / 13 Xaneiro 2014
BM CAMARIÑAS 23(14): Karen (p), María 1, Aida 7, Cris Barreiro, Mónica Barreiro 6, Alicia 3, Laura 4, Sara 1, Nerea 1, Verónica, Cris Sande, Cris Caamaño, Cris Blanco e Raquel.
GOLDIE XIRIA 10 (6): Sara (p), María , Marta 4, Juana 2, Adriana, Cris 2 , Jessica 1 (equipo inicial) Tamara , Raquel, Lucía , Patricia, Manón 1, Sandra e Natalia.
Arbitraron: Alfredo Balado e Micael Martínez, moi protestados polos visitantes por permitir a dureza local sin sancións, tan so excluirona a local María e a visitante Natalia.
14ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina. Pavillón O Areal de Camariñas
O Goldie Xiria non foi quen de plantarlle cara a un Camariñas moi duro en defensa axudado pola permisibilidade arbitral, especialmente no inicio do encontro onde as camariñáns se marchaban no marcador cerrando a primeira metade con oito goles a favor. Atascaouse o Goldie en ataque e empezou a sumar pérdidas de balón que foron aproveitadas polas rivais en fáciles contraataques, a defensa 6.0 local arropaba a Karen na portería e tan so os lanzamentos de Marta conseguian ir incrementando o marcador do Xiria. Nunha segunda metade que trascorreu coa mesma tónica, as ventaxes acabaron con ese 23 a 10 que reflexa a superioridade do Camariñas.
A vindeira semana visita Carballo o Teucro pontevedrés, oportunidade que non debe desperdiciar as locais para poder sumar algo máis na competición da Primeira Autonómica