Calvo Xiria 20 – Mecalia Atlético Novás 23

Crónica do Calvo Xiria 20 – Mecalia Atlético Novás 23
Manuel Rey / 15 Xaneiro 2014
LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 14
11/01/2014 CALVO XIRIA 20 – MECALIA ATL. NOVÁS 23
Calvo Xiria 20 (11+9): Iago [p], Ramón (1), Sergio (1), Chimpo (3), Rubén (3), Manuel (3), Pablo (6) -equipo inicial- Zúpez [p], Calvete, Brais, Martín, Alex Zas, Jorge, Gonzalo.

Mecalia Atl. Novás 23 (13+10): Kevin [p], Roberto (6), Jorge (2), Paulo (1), Sergey (8), Ramón (1), Bruno– equipo inicial – Malvar [p], Jacobo, Pablo (2), Iago, Alonso, Alexander (3), Adrián.

Colexiados: Fernando Iñán Arias e José Manuel García Olavarrieta do colexio cántabro. Excluíron aos xogadores locais Sergio (15´e 54´), Brais (29´), Rubén (39´), Chimpo (42´ e 59´) e Ramón (47´). Polo bando visitante a Jorge (27´), Paulo (31´) e Pablo (42´ e 59´).
Marcador: 3-3, 6-5, 7-8, 8-9, 10-11, 11-13 (descanso); 14-15, 16-17, 16-18, 17-21, 20-23 (final).
7 metros: Calvo Xiria: 3 / 4 ### Mecalia Atl. Novás: 2 / 3
A mellor entrada da tempada no Vila de Noia con máis de 400 seareiros nas bancadas.
Iniciaba o Calvo Xiria a segunda volta da liga de 1ª Estatal no seu feudo ante o líder invicto Atl. Novás, nun partido que prometía moita igualdade e un bo espectáculo para os seareiros que se deron cita no Vila de Noia

E non defraudaron dous equipos moi centrados e con moitas gañas de levarse os puntos en xogo para a súa conta particular. Comezou o partido con moitos goles por partes dun e doutros, tanto foi así que neses dez primeiros minutos entre os dous conxuntos marcaron 11 goles índose a unha progresión de 66 goles, pero so foi unha ilusión xa que nos cincuenta restantes so foron quen de marcar 32 tendo as defensas e os porteiros o mando do encontro.

A igualdade foi total, con pequenas vantaxes para uns e outros pero co predominio do empate no electrónico, ate o minuto 48 de partido no que catro erros claros defensivos por parte dos carballeses permitiron a Sergey e Pablo lanzar sen marcar e perforar a portería local. A isto engadíuselle a perda de tres balóns sen chegar a lanzar por parte dos verdibrancos. Pouco a pouco os rosaleiros abriron brecha no marcador, chegando a ser de cinco goles, pero non todo estaba dito e os locais tentaron recuperar o terreo perdido, máis o tempo rematou sen que o Calvo puidera meter máis medo a un conxunto visitante que demostrou o porque da súa posición privilexiada.

Unha mágoa para os carballeses, que deben de manter o nivel de xogo amosado este fin de semana ao longo dos próximos meses o que lles dará opcións de loitar pola segunda praza. Terá que empezar por amosalo ante o Lalín na visita que farán os verdibrancos a terras do Deza esta fin de semana