Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM.CARBALLAL: 21 – GRUPO LEMACO XIRIA: 42

División de Honra Cadete BM.Carballal 21 (7+14): Caldas, Rey (4), Molares (2), Varadas (5), Alonso (6), Simón (2), Iago (2) – Equipo inicial – Romero, Martínez, Jorge, Gil. Grupo Lemaco…

División de Honra Cadete

BM.Carballal 21 (7+14): Caldas, Rey (4), Molares (2), Varadas (5), Alonso (6), Simón (2), Iago (2) – Equipo inicial – Romero, Martínez, Jorge, Gil.

Grupo Lemaco Xiria: 42 (20+22) Antonio, Carlos (5), Gabriel (4), José (4), Andrés, Iván (10), Juanca (12) – Equipo inicial – Souto, Alberto (4), Dani (1), Outes, Alex, Tito (2), Borja.

BM Carballal – Grupo Lemaco Xiria

Pouca disposición para afrontar un partido da liga de División de Honra mostraron os de Carballo nos inicios. A falla de intensidade e de atención, levaba aos verdibrancos a estar moi erráticos nas suas accións e a sumar numerosas perdas de balón nos primeiros instantes. O encontro convertíase nun feo xogo de ida e volta sin acerto por parte de ningún dos conxuntos e as porterías estabanse a impoñer aos xogadores de ataque.

Mediado este tempo, o Grupo Lemaco asentouse no 40×20 e comenzou a carburar moito mellor. A retaguardia traballaba con intensidade e acerto por fin e permitía que a velocidade dos bergantiñáns saira a relucir no seu xogo. Foi entón cando o envite se decantou claramente cara o lado visitante, que, agora si, impoñíase en todas as facetas do xogo. Cando os colexiados asubiaban a retirada os vestiarios no tempo de refrigerio e descanso, o electrónico, así o reflectía, con un incontestable 7-20 que deixaba o encontro visto para sentencia.

Parecía que os olívicos sairon con novos folgos na reanudación e un 3-0 de parcial, que obrigaba ao técnico carballés a solicitar o primeiro tempo morto, así o atestiguaba. A diferencia todavía era moi abultada, pero era importante parar aquela reacción para que os locais non creeran na proeza. Non tardaron nada os xogadores de Carballo en tomar de novo as rendas do encontro e facendo unha vez máis da defensa e do contraataque a súa mellor arma, ampliaban co paso dos minutos a diferencia no electrónico nun partido que deixa dos importantísimos puntos no peto dos verdibrancos para colocarse na quinta praza sda lasificación empatados a puntos co carto clasificado e a dous puntos da segunda praza.

A semana que ven, o conxunto de Xiria recibirá no Vila de Noia de Carballo ao Bm.Pabellón ourense, último clasificado, que aínda non foi quen de estrear o seu casilleiro de puntos. O encontro disputarase o Domingo 03/11/13 as 10:30h.