Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GRANITOS IBÉRICOS 24 – CALVO XIRIA 28

Crónica do Granitos Ibéricos 24 – Calvo Xiria 28 Manuel Rey / 29 Outubro 2013 OLYMPUS DIGITAL CAMERA GRANITOS IBÉRICOS 24 – CALVO XIRIA 28 Granitos Ibéricos 24 (14+10): David…

Crónica do Granitos Ibéricos 24 – Calvo Xiria 28
Manuel Rey / 29 Outubro 2013
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

GRANITOS IBÉRICOS 24 – CALVO XIRIA 28

Granitos Ibéricos 24 (14+10): David [p], Rubén (1), Ismael (7), Ramón (1), Daniel (11), Abel (3), Juan– equipo inicial – Jorge [p], Diego, Hugo, Pablo, Barros (1), León, Xacob.
Calvo Xiria 28 (12+16): Iago [p], Ramón (1), Sergio (1), Zas, Javier (1), Manuel (5), Pablo (10) -equipo inicial- Naya [p], Martín G. [p], Calvete, Brais (4), Jorge (4), Rubén (1), Martín A. (1)

Colexiados: José Domingo Vega Gemio y Javier Arroyo Casero do colexio extremeño. Excluíron por parte local aos xogadores Juan (12´) e Xacob (36´), mentres que polo bando carballés sancionaron a Manuel (23´), Ramón (41´) e Brais (49´)
Marcador: 2-3, 5-4, 7-4, 9-8, 12-9, 14-12 (descanso); 15-14, 16-17, 18-21, 21-23, 23-24, 24-28 (final).
7 metros: Granitos Ibéricos: 5 / 5 ### Calvo Xiria: 5 / 5
Incidencias: 250 seareiros no Pavillón Municipal de Carballal, preto de 50 desprazados dende Carballo para dar folgos aos seus.
O Calvo Xiria desprazouse este domingo a Vigo para disputar o partido da sexta xornada da liga de 1ª Estatal que o enfrontaba ao Granitos Ibéricos, equipo que non foi quen de puntuar no que vai de tempada, pero que complicou, e moito, a conquista dos dous puntos por parte carballesa.

Granitos Ibéricos – Calvo Xiria

Os verdibrancos de inicio conseguiron levar a voz cantante durante os primeiros compases do partido e ao pouco gañaban por 1-3, mais foi un espellismo, pois hoxe viuse a un equipo sen a intensidade e a concentración necesaria para competir nunha categoría tan esixente coma a 1ª Estatal, na que calquera pode amargar o día aos que ocupan os postos altos da táboa clasificatoria.

Os vigueses pouco a pouco fixéronse co mando do encontro, marcando o ritmo que máis lles interesaba. Os carballeses eran incapaces de frear o ataque local e pola contra non eran quen de manexar o balón de xeito coherente cando o tiñan no seu poder. Con este panorama, e un gol a falta de 3 segundos para o remate do primeiro tempo por parte viguesa, se chegaba ao descanso. Logo do visto no terreo de xogo, o mellor que lle podía pasar ao Calvo para tratar de reorganizar ideas.

E conseguiuno, máis so de cara ao resultado. No minuto corenta tomou a dianteira no electrónico, máis non no xogo. Se habitualmente tira do colectivo, desta volta foron as individualidades as que sacaron adiante o partido. Iago na portería parou balóns decisivos no tramo final, e na parcela ofensiva Pablo, Manuel e Brais foron os máis atinados.

Atrás queda un mes de outubro que deixou catro vitorias en outros tantos encontros para o conxunto carballés. A próxima cita para o balonmán en Carballo será o sábado 2 de novembro no Vila de Noia ás 18:00, na que recibirá ao Bueu At.