BM. CHAPELA 31 – CALVO XIRIA 23

Bm. Chapela: Rubinos, Edgar (3), Germán (8), Gonzalo (2), Jacobo Pato (4), Jesús (1) e Rubén (1) –equipo inicial- Mauricio, Iván (1), Antón (3) e Rebolo (3).

Calvo Xiria: Víctor, Alberto (1), Álex (1), Fernando Vázquez (8), Chimpo (2), Javi Zas (4) e Carlos (2) –equipo inicial- Quique, Cuco (2), Pablo (3), Dubra, Alfonso e Nando.

Colexiados: Os colexiados madrileños Aparicio Pérez e Jiménez Hijosa tiveron unha correcta actuación.

Parciais cada 5 min: 4-1, 6-4, 11-4, 12-6, 16-8, 20-12, 21-15, 23-19, 23-21, 25-21, 28-22, 31-23

O Calvo Xiria caeu derrotado na súa visita a Chapela por 31-23.

Non puido comezar con bo pe a súa participación na Primeira División Estatal de Balonmán o cadro de Carballo ó caer derrotado na cancha do Bm. Chapela. Os carballeses con moita xuventude nas súas ringleiras, cunha media de idade que non chega ós 21 anos, acusaron a falta de experiencia, pero tamén deixaron mostras que invitan ó optimismo.

O nerviosismo do debut , a reseñada inexperiencia e a baixa dun dos homes importantes do equipo como é Marcos, propiciaron que o Chapela marcase distancias no electrónico con comodidade e chegase ó intermedio con 8 goles de vantaxe. Nesta primeira metade ós carblleses navegaron sen rumbo encaixando 20 goles.

A segunda metade foi outro cantar, o equipo de Carballo saíu cunha defensa 3:3 moi profunda que se lle atragoou ós locais. Esto, unido a unha maior efectividade ofensiva con rápidos contragolpes permitiulle ó Xiria colocarse a 2 goles de diferencia e con posesión do balón a falta de 12 minutos para o remate, pero a partires de aí os “juniors” de Gregorio Vendrell comezaron a paga-lo esforzo realizado e no momento que se viu a imposibilidade da remontada baixaron o ritmo permitindo que ó final a diferencia fose tan avultada.