CALVO XIRIA 27 – BM. PORRIÑO 36

Calvo Xiria: Víctor, Alberto (3), Cuco (2), Fernando Vázquez (12), Chimpo, Javi Zas (1) e Carlos (4) –equipo inicial- Quique, Álex (1), Pablo (1), Dubra, Queco (3), Alfonso e Nando.

Bm. Porriño: Malvar, Adolfo (3), Valoria (1), Miguel (7), Jordi (4), César Núñez (7) e Abel (1) –equipo inicial- David, Eugenio (5), Godoy (6), Fran, Puru , Joni e Paulo.

Colexiados: Os colexiados López Castellanos e Marcos Aranda tiveron unha correcta actuación.

Parciais cada 5 min: 2-2, 3-3, 4-7, 6-10, 8-11, 12-13, 15-18, 17-22, 18-26, 21-28, 24-31, 27-36

O Calvo Xiria caeu derrotado fronte ó Bm. Porriño por 26-37.

Derrota dos de Carballo ante o Bm. Porriño, novo líder da categoría e que, polo visto no municipal de zona escolar, será un dos equipos que loite polos postos altos da clasificación.

Comezou ben o conxunto de Gregorio Vendrell, que nos primeiros minutos tomaba vantaxes curtas no electrónico. Mediada a primeira metade comezou a irse no marcador o cadro de Porriño chegando a conseguir diferencias de 5 e 6 goles. Unha reacción dos carballeses, aplicando unha defensa 3:3 e con rápidos contragolpes situou o marcador no intermedio con tan só un gol de diferencia a prol dos visitantes.

No recomezo, foi outro cantar, o equipo de Modesto Augusto tomoulle a medida á presionante defessa carballesa que en ningún momento foi capaz de parar a capacidade fensiva de homes como César, Jordi e Miguel que anotaban con facilidade. Esto unido ás imprecisións no pase dos carballeses, ás continuas perdas de balón e os erros nos contraataques fixeron que o Porriño dispuxese durante toda a segunda metade de comodas rendas que souberon administrar, rematando o encontro co resultado de 27-36. Destacar no Calvo Xiria o debut de Queco.