Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM CISNE 19 – VIPECÓN XIRIA 37

Bm Cisne: 19 (8+11): Juan, Iván (5), Gonzalo (4), Manuel (3), Pablo (1), Jaime (2), Rodrigo (3) -equipo inicial- Javier, José, Aritz (1). Vipecón Xiria 37 (19+18): Bisbi (1), David…

Bm Cisne: 19 (8+11): Juan, Iván (5), Gonzalo (4), Manuel (3), Pablo (1), Jaime (2), Rodrigo (3) -equipo inicial- Javier, José, Aritz (1).

Vipecón Xiria 37 (19+18): Bisbi (1), David (5), Tucu (2), Jorge Viñas (2), Rubén (1), Jorge Bouzas (4), Javi (1) -equipo inicial- Edu (4), Martín (6), Dragan (5), Rubén Anes (3), Miguel (3).

Colexiado: Marcos Pérez e Antonio Moledo.

Primeiro partido da Copa Federación para o Vipecón Xiria que se desprazaba a Pontevedra para medirse ao Cisne.

Os xogadores do Vipecón saíron moi centrados á pista. Apareceron na cancha de forma contundente e arrolladora para marcar diferenzas dende o primeiro minuto de xogo mentres que os de Pontevedra non podían máis que observar como pasaba un auténtico ciclón que os deixaba fora do partido xa na primeira metade (8-19). A defensa dos visitantes era intensa e presionante e todo o equipo respondía cunha solidaridade sobresaínte. Apoiándose nesa faceta defensiva aparecían rápidos e fulgurantes contraataques que noqueaban aos locais. No ataque posicional a mobilidade de todos os xogadores e as correctas respostas daban ao traste coa defensa do Cisne.

A segunda metade parte xa non tivo máis historia, co único aliciente de saber de canto ía ser a diferenza final a prol dos bergantiñáns. Ao remate do partido, un incontestable 19-37 deixaba ben claro as diferenzas existentes entre un e outro conxunto na actualidade.

Na vindeira xornada o Vipecón desprazase ata a pista do Rosal para enfrontarse ao Atl. Novás Mecalia.