BM CISNE 33 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 29
Bm Cisne: 33 (17+16): Adrián, Chan (3), Miguel (3), Andrés (4), Estanislao (7), Enrique (6), Pablo (6) -equipo inicial- Eloy (1), Carlos (1), Antonio, André, Javi (2). Ifecgás Pereira Xiria:…
Bm Cisne: 33 (17+16): Adrián, Chan (3), Miguel (3), Andrés (4), Estanislao (7), Enrique (6), Pablo (6) -equipo inicial- Eloy (1), Carlos (1), Antonio, André, Javi (2).
Ifecgás Pereira Xiria: 29 (17+12): Naya, Iago (8), Antón (3), Brais (3), Alvarito, Jorge Viñas (2), Miguel (6) -equipo inicial- Bisbi, Martín (1), David García (6), Cristian.
Colexiados: Marcos Pérez e Antonio Moledo.
Viaxaba o Ifecgás Pereira Xiria a Pontevedra para disputar fronte ao Bm Cisne o primeiro partido da Copa Federación. O equipo bergantiñán, que actuou xa cos rapaces que van a formar o plantel na próxima tempada, plantou cara a todo un Bm Cisne, subcampión de liga.
A primeira metade foi moi igualada, con alternativas por parte dos dous equipos no marcador. O Ifecgás Pereira estivo esplendido por momentos en tarefas defensivas e cos contaataques en segunda oleada conseguían facerlle dano aos locais. Istes, mostraban a sua calidade e talento, tanto a nivel colectivo como individual e mantiñanse no encontro a pesar de non facer o seu mellor partido. No intermedio o marcador sinalaba unha igualada a 17 tantos.
No reinicio o Ifecgás Pereira Xiria continuou loitando, pero a maior calidade dos de Pontevedra abría unha brecha nos primeiros cinco minutos con un 5-1 de parcial ao seu favor. Parecía que o Cisne ía poñer terra de por medio, pero a realidade foi que os visitantes se sobrepuxeron e voltaron a plantexar un partido incomodo para os do Cisne, aínda que non foi suficiente para remontar e gañar o encontro.
En definitiva, boas sensacións dos rapaces do Xiria que xa están a traballar con ilusión con miras á liga do ano que ven.
O seguinte encontro para o Ifecgás Pereira será, de novo a domicilio, fronte ao Atl. Novás Mecalia do Rosal.