GARAYSA XIRIA 28 – BM CANGAS “A” 29

Garaysa Xiria: 28 (14+14): Jorge, Cristian (2), Daniel G. (1), Iván (2), Óscar, Julián (12), Alberto (6), Enrique (1), Raúl, Diego (3), Manuel, Buño, Miguel (1)

BM. Cangas “A”: 29 (13+16): Xavier, Daniel C. (2), Xoel (2), André (2), Antonio (3), Marcos (1), Daniel G. (9), Pepe (3), Samuel, Roi (1), Mauro (1), Alberto, Xairo, Pablo (5).

Colexiados: David Rodríguez.

Encontro correspondente á 24ª e antepenúltima xornada de liga na División de Honra Cadete. O Garaysa Xiria deixaba escapar a ocasión perfecta para doblegar a un rival mellor clasificado como era o Balonmán Cangas. Foi un partido que estivo moi igualado durante os 50 minutos e ao final levou os puntos o equipo máis constante e que cometeu menos erros. Aínda así o Xiria gañaba por varios goles no ecuador da segunda metade, pero unha exclusión tonta de Cristian foi moi ben aproveitada polo Cangas que recurtou diferenzas ata empatar. Pero iso non foi todo, o equipo aínda tivo unha oportunidade de ouro para firmar a vitoria, a falta de 15 segundos o marcador ía 28-28, o Cangas perde o balón en ataque tras unha boa defensa dos locais e na contra do Xiria, con balón para levarse o partido, unha desafortunada acción de pase failles perder a posesión, o Cangas saca rápido e os locais non reaccionan a tempo. Gol no último segundo e derrota moi amarga tras un gran esforzo, pero que ten que servir para aprender a lección, facerse máis grandes como deportistas, aprender a manter a cabeza fría en certos momentos e xogar con máis sentido eses minutos finais tan tensos.

Pese a todo hai que felicitar ao equipo polo esforzo amosado, a todo o equipo que foi unha auténtica piña, animándose e dándose apoio durante todo o encontro. Hai moitas cousas que mellorar pero vese que se traballa nunha boa liña. Sorte cos dous últimos encontros contra Octavio e Cisne, dous clásicos.