CAIXANOVA OCTAVIO 16 – GARAYSA XIRIA 28

Caixanova Octavio 16 (8+8): Jesús, Alessandro, Pablo Gil, Ivan (2), Alejandro (2), Rubén (2), Antón (2), Pablo (2), Rogelio (2), Guillermo (2), Daniel (2), Pedro, Alvaro

Garaysa Xiria 28 (14+14): Martín Gómez, Eduardo (2), Rubén Gómez (6), Jorge (2), Martín Alfeirán (3), Álex (4), Iván (2), Calvete (2), Julián (2), Luís (2), Rubén Anes (1), Javi (2).

Colexiado: Daniel Portela, pasou desapercibido ao longo de todo o encontro.
Primeiro partido da temporada para o Garaysa Xiria na División de Honra infantil que o enfrontou a domicilio ao Caixanova Octavio en encontro pertencente á 2ª xornada (o encontro que debían disputar os carballeses na na 1ª xornada foi aprazado) e no que os carballeses se impuxeron con comodidade ao equipo vigués por 16-28.
Dende o primeiro minuto viuse de xeito claro a diferenza de intensidade entre un e outro equipo, o Garaysa Xiria comezou facendo unha defensa practicamente perfecta durante os primeiros doce minutos, defensa que os de Vigo non era capaces de superar. A partir de ahí o equipo relaxouse un pouco e permitiu que o equipo rivel empezara a anotar. Aínda así a diferenza no descanso era de 6 goles o que permitía aos de Carballo deixar práctivamente sentenciado o partido.
A segunda metade foi un calco da primeira con boas defensas e rápidos contrraataques que permitiron que o Garayse voltase a Carballo cos dous primeiros puntos no peto. Destacar a todo equipo, onde todos os xogadores disfrutaron de minutos importantes durante o encontro.
A próxima xornada os de Fran del Valle reciben, sábado ás 10.30 h no Pavillón da Zona Escolar, ao Bm Cisne Grupo Pirsa, equipo que leva dúas vitorias nas dúas xornadas disputadas.