Bm Cisne Grupo Pirsa 38 (16-22): Adrián, Andrés (1), Carlos, Gonzalo, Pablo (4), Javier (10), Julián (14) -equipo inicial- Picallo, Diego (4), Ramón, Manuel (5), Aritz.
Vipecón Xiria 40 (18+22): Bisbi, David (6), Miguel (12), Brais (5), Iago (9), Martín, Antón (6) -equipo inicial- Damián, Iván Lorenzo, Iván Eiroa, Heitor, Jorge (1), Chouciño (1), Luís.
Colexiados: Cesar Carballo e Antonio Moledo. Tiveron abundantes erros aínda que non influíron no resultado final.
O Vipecón Xiria conseguía dous puntos importantísimos na súa visita á pista do Bm Cisne tras imporse por un axustado 38-40.
Dificil trunfo o acadado polo equipo carballés fronte a un rival que, a pesar de ocupar o último posto da clasificación, mostouse moi batallador dende o inicio do encontro e puxo en apretos ao equipo de Fernando Vázquez.
O inicio do Vipecón Xiria non foi coma noutras ocasións, quizais o exceso de confianza por mor do posto que o rival ocupaba na clasificación levou aos bergantiñáns a estar faltos de atención e intensidade nalgunhas facetas do partido. As defensas non existiron por parte de ningún dos dous equipos e isto levou ao Vipecón a sufrir ata o final, dada as curtas vantaxes que manexaba. Os visitantes colleron a vantaxe dende o inicio e mantiverona durante todo o encontro, eso si sempre con diferenzas mínimas. Isto provocou que aflorase a tensión nos rapaces do Vipecón cando os pontevedreses se poñían un gol por diante a falta de cinco minutos para o remate do primeiro acto. O público alí presente estaba sendo participe dun partido espectacular en canto a goles, un partido que prometía moito máis cara á segunda parte, xa que no descanso o marcador reflectía un 16-18 a prol dos carballeses.
A reanudación foi vibrante e chea de tensión. Os locais facían unha defensa mixta sobre o xogador carballés David, pero o resto do equipo demostraba estar moi metido en tarefas atacantes e seguía a gozar de esas pequenas vantaxes no marcador. Nos derradeiros minutos a maior calidade dos foraneos e a súa tranquilidade propiciaron que estes dous importantes puntos viaxaran cara Carballo.
Na próxima xornada o Vupecón Xiria recibe a visita do Atl Novás, equipo que nestes momentos está por debaixo do Vipecón Xiria na clasificación.
