OAK ENGLISH CENTRE XIRIA 38 – EM CAMARIÑAS 20
Oak English Centre Xiria (17+21) 38: Naya, Barreiro (5), Iago (9), Zas (3), Brais (4), Martín, Miguel (6), Bisbi, David (9), Antón (2), Jorge, Alberto, Ivan. Adestrador: Juan M. Rodríguez.…
Oak English Centre Xiria (17+21) 38: Naya, Barreiro (5), Iago (9), Zas (3), Brais (4), Martín, Miguel (6), Bisbi, David (9), Antón (2), Jorge, Alberto, Ivan. Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Escola Municipal de Camariñas (10+10) 20: Manuel, Francisco (1), Bruno, F. Lema, Félix, Damián, Cristian (3), Canosa (10), Diego, Brais (1), Sergio (5), F. Martínez, Isamel. Adestrador: Héctor Fayeira.
Colexiados: Francisco Soliño. Sen problemas.
DERBI SEN INTENSIDADE! A décima xornada do campionato territorial na categoría cadete masculina deparounos un derbi entre Camariñas e Xiria. Dous equipos rivais que non ofreceron o que deles se esperaba. Un Camariñas moi desdebuxado e un Oak English lento e desmotivado que só xogaba a ráfagas.
O partido só deixou xogo en dous xogadores: un por cada equipo. No lado do Xiria o lateral, aínda infantil, David e no lado do Camariñas o central Cristian. De feito foron o dous máximos artilleiros do partido con 9 e 10 tantos, respectivamente.
A vindeira semana o equipo carballés visita a cancha do Tirso en busca do bo xogo perdido que virá a través da recuperación da motivación e da humildade que hai que amosar para enfrontarse a calquera equipo. Nunca se pode despreciar ao rival, sexa cal sexa, e sempre hai que dalo todo dende o comezo ata o remate de cada choque. Porque chegarán partidos complicados e o equipo estará relaxado para afrontalos o que inevitablemente traerá unha derrota.