IFECGAS PEREIRA XIRIA 36 – CAMARIÑAS 17
Ifecgas Pereira Xiria (16+20) 36: Chou, Damián (6), Ricardo, David (5), Heitor (8), Ivan, Joaquin (1), Miguel (12), Bisbi, Luis (2), Jorge (2). Adestrador: Juan M. Rodríguez. Escola Municipal de…
Ifecgas Pereira Xiria (16+20) 36: Chou, Damián (6), Ricardo, David (5), Heitor (8), Ivan, Joaquin (1), Miguel (12), Bisbi, Luis (2), Jorge (2). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Escola Municipal de Camariñas (6+11) 17: Álvaro, Fabio, Manuel (7), Pais (4), Bieito, Lema (2), Jaime, Cristian, Iago (4), Angel, Adrian. Adestrador: Juan R. Canosa.
Colexiado: Francisco Soliño e Manuel Currás. Sen complicacións.
OUTRO PARTIDO, OUTRA VITORIA! Intratable está o equipo infantil de 2º ano do Xiria que continua a contar os seus partidos por vitorias. Unha máis conseguiron os rapaces de Juan M. Rodríguez ante a EM Camariñas.
O partido non tivo moita historia xa que o Ifecgás Pereira Xiria pronto se marchou no marcador ata conseguir unha vantaxe de 10 goles. O resto do partido, como case tódos os partidos disputados, só permite concentración e traballo ata o final en busca dunha perfección que se necesitará para afrontar partidos complicados. Partidos que necesitaran do bo traballo de toda a plantilla para poder conseguir cotas mais altas.
Pero o primeiro é o primeiro e o vindeiro partido dos de Carballo fronte ao Tirso, a domicilio, haberá que pelexalo como se fose unha final.