BM. CITY PUB VIVEIRO 18 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 33

14/10/2006
Bm. City Pub Viveiro (9+9) 18: Daniel, Trasancos (1), Mariño (5), Rafael (1), David (2), Diego (3) e Rubén (5) – equipo inicial – Rey (1).
Asesoría Sueiro Xiria (15+18) 33: Guillín, Ramón (8), Díaz (1), Juan (3), Óscar (3), Manuel (8) e Puente (2) – equipo inicial – Iago (p.s.), Ricardo, Norberto (3), Eloy (3) e Javier (2).
Árbitros: Julio López. Regular.
Incidencias: Encontro correspondente á 3ª Xornada do Campionato Territorial Norte Xuvenil Masculino disputado no Pavillón da Municipal de Viveiro ás 16:00 con 75 espectadores nas gradas.

Volveu o Xiria a ter un mal comezo de partido o que fixo que o choque fose igualado ata os derradeiros minutos da primeira parte na que os visitantes apretaron e antes do descanso conseguiron unha renda de seis goles (9-15).

Na segunda parte a diferenza foi aumentando co discorrer dos minutos nos que o colexiado, que cortara moi ben a dureza dalgunha acción defensiva local no primeiro tempo, chegou ó extremo de sinalar como golpe franco calquer mínimo contacto da defensa do Asesoría Sueiro Xiria, mesmo despois do lanzamento, o que propiciou ataques moi longos do Viveiro e un ritmo de partido moi lento e cansino. Mediado a segunda metade o Xiria cambiou o sistema defensivo para tentar darlle máis dinamismo ao partido pero a decoración practicamente non cambiou de aí ata o final. A nota máis destacada do choque por parte do Xiria foi o debut de Ricardo e Norberto, que dispuxeron de minutos para acoplarse ao equipo.

O Asesoria Sueiro Xiria segue de líder con seis puntos seguido por Camariñas e OAR (que descansou esta semana) con catro. A vindeira xornada o Xiria descansa, e en 15 días recibe ao Bm Oleiros en Carballo.