12/10/2006 SD TEUCRO ENMACOSA 30 – CALVO XIRIA 29
Teucro: Eduardo, Juan Gil, Alberto Marticorena (4), Iván (7), Carlos (1), Borja (4) e Adrián (5) – equipo inicial – Marcos Pérez, Marcos Fontenla, Santi (7), Rubén (1), Alberto e Juan (1).
Calvo Xiria: Quique, Hernán (5), Pablo (2), Cristophe (4), Aitor, Alberto (9) e Javi Zas (4)– equipo inicial – Iván, Pombo (1), Joaquín (3), Javi Viqueira, Queco (1) e Manuel.
Árbitros: Eduardo Piñón e César Carballo. Mal.
Incidencias: Multiusos de Pontevedra. Medio centenar de espectadores.
O Calvo Xiria sumou a segunda derrota da tempada fronte á SD Teucro en Pontevedra, en encontro pertencente á 4ª xornada de Segunda Nacional. O resultado ao descanso era de 15-14.
O Calvo Xiria deixou escapar unha inmellorable ocasión de conseguir a súa primeira victoria a domicilio da tempada en Pontevedra. O equipo de Marcos Rodríguez tivo a ocasión de sentenciar o encontro fronte ao Teucro a falta de 5 minutos para o final, cando os locais xogaban con dous xogadores menos. Os carballeses non souberon aproveitar a superioridade numérica e, con empate no marcador, non foron capaces de marcar en ningún dos ataques dos que disfrutaron. Unha posterior exclusión dos verdibrancos e o maior acerto en ataque do Teucro terminaron por desnivelar a balanza nos últimos segundos a prol do conxunto local.
O Calvo Xiria comezou moi ben o encontro e, nos mellores minutos da tempada, logrou un 0-4 de parcial inicial nos primeiros minutos. A defensa 5-1, con Pablo adiantado, daba os seus froitos e as rápidas transicións ofensivas permitían aos de Marcos Rodríguez conseguir despegarse no marcador. A primeira exclusión de Hernán deu alas a un Teucro que devolveu a igualdade ao marcador cun parcial de 5-1 en poucos minutos. A partir de aí, o partido entrou nunha dinámica de igualdade total por parte de ambos conxuntos, agás polas exclusións ás que foi sometido o Calvo Xiria. Os carballeses sufriron seis na primeira metade por ningunha o seu rival, aínda que o Calvo conseguiu manterse no encontro e chegar ao descanso só un gol por debaixo.
Os magníficos primeiros minutos de Hernán na reanudación permitiron ao Xiria acadar unha renda de tres goles mediada a segunda parte. De novo a rigurosidade dos colexiados permitiu o achegamento dun Teucro que, cando xogou en inferioridade, soubo aguantar as acometidas dun Calvo Xiria demasiado impreciso en ataque no último tramo do encontro. Os locais mantiveron a cabeza máis fría ao final e conseguiron unha victoria que lles permite manterse na zona alta da clasificación.
O Calvo Xiria volveu a sufrir a rigorosidade dos colexiados, con oito exclusións e unha tarxeta vermella directa a Hernán durante todo o partido. O Teucro tivo sete excluídos, todos na segunda metade. A arbitraxe volveu a deixar moito que desexar e, incluso, os árbitros non se percataron das tres exclusións do local Borja, ao que permitiron xogar os últimos minutos de partido a pesar desta circunstancia.
O vindeiro compromiso do Calvo será fronte ao Cangas a domicilio, partido que se xogará o domingo, 22 de outubro, ás 12,30 horas.
