BM CULLEREDO 36 – PROCASA XIRIA 48
Procasa Xiria: Jorge, Marc, Marco, Alberto, Alberte, Iván, Lolo, Enrique, Miguel e Christian. Non podemos mostrar a táboa de goleadores, xa que, unha vez máis, ningún árbitro se presentou no…
Procasa Xiria: Jorge, Marc, Marco, Alberto, Alberte, Iván, Lolo, Enrique, Miguel e Christian.
Non podemos mostrar a táboa de goleadores, xa que, unha vez máis, ningún árbitro se presentou no encontro polo que e tivo que dirixir o choque un xogador cadete do club local, que estivo moi correcto na arbitraxe.
Sétima xornada no Campionato Territorial infantil e nova vitoria para o Procasa Xiria que se impoñía no Pavillón de Tarrío ao Bm Culleredo cun marcador impropio dun partido de balonmán.
O Procasa, tras encaixar unha derrota na primeira xornada, encadea así cinco encontros consecutivos vencendo. O equipo carballés, que está formado por xogadores infantís de primeiro ano, moitos dos cales comezaron a xogar este verán, ogar este verán, e alevíns, deixou no pavillón cullerense mostras da súa mellora e do seu caracter competitivo e loita, facendo un excelente encontro, aínda que os ataques estiveron moi por encima das defensas por parte de ambos equipos, de aí ese reseultado final.resultado tan abultado. O Procasa fíxose dono do xogo dende o inicio e mandou no marcador ao longo de toda a primeira metade exhibindo un balomán cheo de forza e bo facer. A superioridade dos de Carballo plasmábase no electrónico ao remate desta primeira parte cunha renda moi comoda. Os bergantiñáns facían unha defensa moi arriba, pero o equipo local facía dano con desmarques ás costas da defensa carballesa e con rapidos contraataques. No ataque posicional en cambio os do Procasa amosaban un amplo sentido no pase e va e no xogo sen balón, así como moita forza e calidade no un contra un.
O partido era moi atractivo e as bancadas estaban a vibrar cos noveis xogadores dos dous equipos. Na reanudación, a tónica foi identica á da primeira parte, o Procasa Xiria mandando no marcador cunha vantaxe que cada vez crecía máis e daba mostras da sua superioridade dos de Carballo fronte un Bm Culleredo que tamén demostrou ser un bo equipo, con xogadores de moito futuro. Ao remate, un satisfactorio 36-48 e sobre todo salientar a progresión destes rapaces que de seguir así poden alcanzar grandes retos no noso balonmán.