BM PUERTO CRUZ 24 – CALVO XIRIA 24

XORNADA 25

28/03/2009 BM PUERTO CRUZ 24 – CALVO XIRIA 24
Bm Puerto Cruz 24 (10+14): Ángel, Leandro (6), Edgar (5), Juan (1), Alby (4), Javier (3), Arndt (1) -equipo inicial- Victor (1), Antonio (1), Hernández, Marco e Nicolas (2).

Calvo Xiria 24 (9+15): Quique, Cuco (4), Ángel, Jesús, Pablo (5), David (9), Bruno -equipo inicial- Iago, Alex (1), Chimpo, Borja, Dubra (4), Pombo e Iván (1).

Colexiados: Srs. Coello e Viudes. Sen comentarios.

Parciais: 3-1, 4-3, 6-3, 7-5, 8-7, 10-9, 12-11, 14-16, 17-17, 20-20, 22-22, 24-24

Moita importancia ten o punto logrado polo Calvo Xiria na súa visita ás illas Canarias, onde ata o de agora o equipo carballés nunca conseguira puntuar, xa que lle da de xeito matemático a permanencia ao Calvo Xiria a falta de unha xornada para o remate da liga. O resultado final de empate a 24 goles fala ben ás claras do dominio das defensas, ou dos erros dos ataques, ao longo do encontro.

Os primeiros trinta minutos estiveron marcados pola boa defensa carballesa que impedía ao conxunto local atopar situacións cómodas de lanzamento. Do minuto quince ao trinta o Xiria sufriu tres exclusións, pero só encaixou catro goles nuns minutos nos que nin os lanzadores exteriores nin os extremos canarios facían dano ao Calvo que apoiado na súa fortaleza defensiva e na actuación de Quique lograba recuperar moitos balóns, colleitando unha boa cantidade de faltas en ataque favorables. Pero o ataque tiña outra cara ben distinta, as posesións perdíanse sen chegar a ter situacións de lanzamento en pases e recepcións ben cómodas. A ansiedade por conseguir un resultado positivo pesaba demasiado para os xogadores carballeses.

O segundo tempo estivo marcado polas mesmas pautas pero o Calvo non puido seguir co seu ritmo defensivo, xa que as faltas en ataque tan claras na primeira metade deixaron de ser sinaladas na segunda -sendo igualiñas-. So un incremento na colleita ofensiva permitiulle ao equipo de Carballo seguir con opcións ata os derradeiros minutos, nos que de novo deixouse notar a influencia da presión nos xogadores carballeses e na que a perda de dous balóns impediu conseguir unha merecida vitoria.