BM Ferrolterra 17 – Goldie Xiria 10

Crónica do BM Ferrolterra 17 – Goldie Xiria 10
Manuel Rey / 4 Novembro 2013

7ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina
FERROLTERRA 17 – GOLDIE XIRIA 10 (9-6)

FERROLTERRA 17 (9): Carla (Jenifer) (p), Mercedes 4, Marta 1, Nerea 3, Lara 1, Noelia 5, Vergara 2 (equipo inicial) Sofía, Norma, Clauidia, Lorenzo, Iria e Jesica 1

GOLDIE XIRIA 10 (6): Sara (Brenda) (p), María, Marta 1, Juana 3, Adriana 5, Natalia, Jessica 1 (equipo inicial) Tamara, Isa, Lucía, Verónica, Sandra , e Manon.

Marcador cada 5 minutos: 1-1//2-1//4-2//4-4//6-6//9-6/—–/9-7//11-8//12-10//13-10//16-10//17-10.

Arbitraron: Darío Gallego e Raúl Martínez, moi mal, sin fundamentos.

Incidencias: 03 Novembro 2013 no Pavillón do Ensanche, 200 espectadores

Atragantouselle o Ferrolterra na mañán do domingo o Goldie Xiria, que non tivo o seu día a pesar de intentar plantar cara ao seu rival.

As sucesivas imprecisións no ataque do Xiria foron converténdose nunha losa demasiada pesada para o desenrolo do encontro, remando sempre en contra e desacertadas de cara a gol, poucas posibilidades foron as que se lle presentaron para dobregar ao seu rival na pista. Con un escaso número de goles no seu haber, o partido íbase alonxando para as carballesas a medida que se chegaba ao final, intentárono a mediado da segunda metade con ese 12 a 10 e aclarando as acción de ataque, pero o nefasto arbitrase púxolle en bandexa a victoria as ferroláns.

Unha das claves estivo no inicio do encontro, en onde as locais estaban a mercé do Xiria, e éstas non superon ou non poideron aproveitar as ocasións errando moito cara a portería rival, o Ferrolterra foise entonando e sobretodo elevando o nivel da dureza nunha defensa que se cerraba atras e maniataba as rivais.

Era unha ocasión propicia para que seguise sumando o Goldie Xiria, que a partir da semana verase as caras contra equipos de maior peso na clasificación, empezando pola visita a Carballo do Balonmán Tui.