CALVO XIRIA 34 – BUEU ATLÉTICO 24

Crónica do Calvo Xiria 34 – Bueu Atlético 24
Manuel Rey / 4 Novembro 2013
LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 7.

CALVO XIRIA 34 – BUEU ATLÉTICO 24

Calvo Xiria 34 (18+11): Iago [p], Ramón, Sergio (4), Zas (4), Brais (1), Manuel (3), Jorge (2) -equipo inicial- Martín G.[p], Calvete (2), Javier (1), Rubén (3), Martín A. (4), Chimpo (2), Pablo (8).
Bueu Atl. Bm. 24 (11+13): Simes [p], Villanueva (4), Ramón (5), Quintela (4), Otero (3), A. Bacelar (1), M. Bacelar (2) – equipo inicial – Vidal, Piñeiro, Freire (1), Angueira (2), Quintáns (2), Piedras, Triñanes.
Colexiados: J. Cuesta Miyares e S. Piñeira Fombona do colexio asturiano. Excluíron aos xogadores locias Ramón (8´), Manuel (22´), Sergio (31´), Brais (40´), Calvete (53´) e Chimpo (58´). Polo bando visitante a Ramón (43´), Quintela (45´), Bacelar (51´) e Piedras (53´).
Marcador: 1-2, 3-3, 7-5, 12-6, 15-9, 18-11 (descanso); 21-14, 24-16, 26-18, 30-19, 31-22, 34-24 (final).
7 metros: Calvo Xiria: 3/3. Bueu Atlético: 3/6.
300 seareiros no Vila de Noia.
Logo do apurado da vitoria do pasado fin de semana, no que non desenvolveu o seu mellor xogo, o Calvo Xiria tiña un novo enfrontamento no Municipal Vila de Noia, para refacerse e amosar a súa mellor imaxe. O seu rival, o Bueu Atl, tiña acadado os seus primeiros puntos na pasada xornada, o que facía que tivese a moral por todo o alto.
O partido comezou frío por parte local, coma o público que se deu cita nun bo número, e o equipo visitante foi o primeiro en ter pequenas diferenzas ao seu favor. Apoiados no traballo de Quintela na liña de 6 metros conseguían desequilibrar a defensa carballesa con longos ataques que remataban en lanzamentos cómodos. Tampouco no eido ofensivo amosaba uns bos números o Calvo Xiria. Mais logo de entrar en calor, e con varias contras seguidas que Sergio transformou en gol o partido ía tinguíndose de cor verde, o que provocou que no minuto 17 a adestradora do Bueu solicitase un tempo morto. Mais nada mudou na pista do Vila de Noia e os xogadores carballeses seguiron ao seu, incrementando a diferenza no electrónico ata o 18-11 co que se chegou ao tempo de lecer.
O segundo acto foi, como o marcador reflicte, un mero trámite. Nin uns nin outros quixeron complicacións e deixaron pasar os minutos de vagar. Ao final dez goles de diferenza que deixan a os carballeses no mesmo posto da táboa clasificatoria e con moitas gañas de seguir sumando puntos nesta liga 2013/14 de 1ª Estatal.