Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM FISHING WORK VIVEIRO 36 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 34

Bm Fishing Work Viveiro (20+16) 36: Antonio, David, Andrés, Claudio (8), Carlos (5), Javier (2), Francisco (6), Óscar (7), Sergio, Diego, Luis (7), Julio, Alejandro (1). Adestrador: Juan Fernández. Ifecgás…

Bm Fishing Work Viveiro (20+16) 36: Antonio, David, Andrés, Claudio (8), Carlos (5), Javier (2), Francisco (6), Óscar (7), Sergio, Diego, Luis (7), Julio, Alejandro (1). Adestrador: Juan Fernández.

Ifecgás Pereira Xiria (17+17) 34: Guillín, Ángel (6), Sergio (3), Barreiro (1), Ruben (1), Fernando (10), Raúl, Hugo, Eloi (3), Alfredo (2), Zas (5), Adrián, Aitor (2), Diego (2). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Colexiado: Miguel Ángel Jimeno. Moi discutido. Usou un baremo diferente para medir as accións dun ou doutro equipo.

Primeira derrota do Ifecgás Pereira Xiria nesta segunda volta da primeira autonómica ante un rival directo na loita polas primeiras prazas, un Balonmán Viveiro que soubo aproveitar os seus recursos de xeito adecuado para levarse o partido, e así, empatar co Ifecgas na cuarta praza da clasificación. A nota positiva foi que os carballeses lograron salvar o golaveraxe particular, xa que no partido da primeira volta venceu o Ifecgás por catro goles de diferenza.

O partido comezou cun enchufado Viveiro e un Ifecgás moi froixo en defensa. Froito desta maior intensidade e motivación os de Juan Fernández fóronse rápido no marcador de 3 e 4 goles. Pouco a pouco o Ifecgás Pereira comezou a dar signos de “nos tamén queremos a vitoria” e empezou a dar mostras do xogo que deslumbrou nos últimos partidos, cun ataque fluido e cunha defensa que non permitía acercamentos alén dos 9 m. Así chegou a poñerse a tan só un gol do Viveiro (12-11). Pero outra vez a relaxación dos primeiros minutos, a pasividade en defensa, a falta de fluidez en ataque, e a arbitraxe permisiva nos golpeos na área dos do Landro fixeron que os pupilos de Juan M. Rodríguez se fosen do partido e que o Viveiro acadara outra vantaxe de tres goles. Vantaxe que se acrecentou tras unha exclusión e posterior expulsión do director do xogo carballés, Javi Zas, por protetas ao colexiado.

A segunda metade empezou cun home menos durante 4 minutos para o Ifecgas, que soubo sair ben do paso pois o Viveiro só foi capaz de ampliar a vantaxe nun gol. Circunstancia que xunto cunhas boas intervencións do porteiro Adrian elevou a moral do Xiria que volveu ao seu estilo dos últimos partidos e conseguiu reducir a diferenza a un só gol (31-32) a falta de 8 minutos para o remate do choque, cun ataque con dobre pivote e unha defensa 5:1. Pero, se xa eran poucos foron os problemas, outro máis tivo que sufrir o equipo visitante coa lesión nun dedo de Aitor, cun penalti errado, dous paus e dúas perdas de balón en contrataque con empate a 33-33. Non desaproveitou estes desatinos o cadro viveirense que se colocaba cun 35-34 a falta de menos de 1 minuto para o remate e con posesión de balón. Pero o Ifecgás Pereira conseguiu facer o mais dificil, recuperou a bola a falta de 15 segundos, pero tal e como a recuperou volveuna a perdeuna nun pase, pase aproveitado polo Viveiro para sentenciar o partido cun derradeiro gol.