Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM OLEIROS 24 – GARAYSA XIRIA 35

Bm Oleiros (10+14) 24: Bruno, Luis (4), Pablo (2), José (2), Pedro (9), David (7) e Adrián. Garaysa Xiria (19+16) 35: Naya, Óscar (8), Zas (6), Iván (5), Ramón (8),…

Bm Oleiros (10+14) 24: Bruno, Luis (4), Pablo (2), José (2), Pedro (9), David (7) e Adrián.

Garaysa Xiria (19+16) 35: Naya, Óscar (8), Zas (6), Iván (5), Ramón (8), Puente (2), Andrés (4) -equipo inicial – Néstor, Diego (1), Daniel, David (1) e Alberto.

Árbitro: Pablo Goitia e Cesar Carballo. Moi discutidos, sobre todo polos visitantes.

Logo da derrota da pasada xornada ante a EM Camariñas o Garaysa Xiria afrontaba o encontro fronte ao Balonmán Oleiros coa necesidade de conseguir os dous puntos para poder seguir na loita polo título do campionato territorial. Os de Marcos Rodríguez acadaron este obxectivo ao lograr a vitoria por 24 a 35. No descanso xa mandaban os carballeses por unha diferenza de nove tantos.

O partido non tivo máis historia que a de imprimir os de Carballo un ritmo alto durante trinta minutos nos que, a pesar dos numerosos erros de perdas de balón, a intensidade e velocidade nas transicións por parte do Garaysa propiciaron que o partido quedase roto e visto para sentenza no intermedio. Valéndose das anticipacións defensivas e das actuacións na portería de Naya, o Xiria despegouse no marcador a base de contraataques que non tiñan resposta defensiva por parte do Oleiros, de novo co lastre de xogar só con sete xogadores.

O segundo tempo só valeu para deixar pasar os minutos e agardar o final permitindo, iso si, que o Oleiros non levase no seu debe unha diferenza moito máis ampla.

A vindeira xornada o Garaysa recibe ao Tirso, único equipo que o puido derrotar no Trofeo Delegación Territorial.