XORNADA 22
06/03/2010 BM LALIN 26 – CALVO XIRIA 28
Bm Lalín (15+11): Pablo, Pincho (7), Roberto (5), Porto (1), Martín (2), Josiño (2), Guerra (4) -equipo incial- Crespo, Bruno, Durán, Dacosta, Méndez (2) e Fernández (3).
Calvo Xiria (13+15): Quique, Cuco, Ángel, Christophe (5), Alberto (6), Iván (5), Jesús -equipo inicial- Iago, Dubra, Manu (3), Chimpo (4), Ramón (1), Pablo (2) e Zas (2).
Colexiados: Srs. Sorin e Caballero (colexio Castela A Mancha)
Parciais: 3-2, 5-4, 8-5, 11-6, 14-9, 15-13, 17-16, 18-20, 21-21, 22-24, 24-25, 26-28.
Moito tivo que agardar o Calvo Xiria para estrear o seu casilleiro de vitorias na segunda volta, tanto como oito xornadas. Pero por fin chegou e nunha cancha complicada coma a do Balonmán Lalín na que este ano o equipo local ainda non coñecía a derrota, e tan só deixara escapar dous puntos en sendos empates ante o Cisne e o Gijón. Non foi un traballo sinxelo xa que no descanso o marcador era favorable aos dezanos por 15 – 13. O partido estivo marcado pola arbitraxe que non gustou a ningún dos equipos permitindo demasiada dureza nas defensas e as contínuas protestas do conxunto local.
O partido comezou con un período de tanteo entre os dous equipos que non iniciaron o encontro coa intensidade necesaria, axudados polo frío ambiente, tanto de temperatura como de público, do municipal de Lalín. O primeiro que se entonou foi o conxunto local que colleu unha renta de ata cinco goles, froito da actuación de Pablo na portería dezana que se transformaba en rápidos e eficaces contraataques. Pouco a pouco, o Calvo logrou mellorar o seu acerto cara ao lanzamento e conseguindo un parcial favorable de 7 – 4 chegaba ao tempo de lecer con opcións de levarse os dous puntos en xogo.
O segundo tempo cambiou de protagonistas e o acerto de Quique na portería -axudado pola defensa que elevou bastantes enteiros a súa intensidade- unido a unha mellor selección de lanzamento permitiu que o Xiria tivese unha renta de tres goles mediada a segunda metade, pero unha situación de inferioridade foi aproveitada polo Lalín para empatar de novo o partido. Os derradeiros dez minutos foron para o Calvo, que conseguiu manter a concentración nas súas accións a pesar de perder a Iván e Pablo por lesión nese tramo do choque. Deste xeito amosouse que o traballo colectivo está por encima das individualidades e que froito do mesmo chegou esta necesaria vitoria.
Agardar que as lesións de Iván e Pablo polo Calvo Xiria e de Bruno polo Bm Lalín sexan o máis leves posibles e lles permitan xogar as seguintes xornadas.