RASOEIRO BM 36 – PROCASA XIRIA 21
Rasoeiro Bm: 36 (21+15): Daniel Prol, Aarón (4), Daniel G. (3), David (13), Guillermo (6), Alejandro (3), Jose L., Ernesto, Diego (5), Adrián B., Ángel (1), Adrián M. (1). Procasa…
Rasoeiro Bm: 36 (21+15): Daniel Prol, Aarón (4), Daniel G. (3), David (13), Guillermo (6), Alejandro (3), Jose L., Ernesto, Diego (5), Adrián B., Ángel (1), Adrián M. (1).
Procasa Xiria: 21 (7+14): Martín, Chouciño (4), Joaquín (2), Iván, Luís García (1), Calvete (6), Damián (1), Mario (1), Jose A. (1), Rubén (1), Ricardo (4) e Luís Iglesias.
Colexiados: Francisco Coejo.
Primeiro dos dous partidos que o Xiria xogaba esta fin de semana, correspondente á 3ª xornada da 2ª fase da liga. O Procasa Xiria viaxaba ao Grove para enfrontarse ao líder, o Rasoeiro, equipo que en todo o que vai de tempada aínda non deixou escapar ningún punto. Os de Carballo, aínda que conscientes da dificultade do encontro, saíron a por todas dende o primeiro minuto, e así foi que ata ben entrada a primeira metade, minuto 10-12, a igualdade entre ambos equipos reflectíaase tanto no marcador como no xogo. Pero varias accións precipitadas en ataque propiciaron goles fáciles dos mecos, que empezaban a coller algo de vantaxe no marcador. As presas apoderáronse dos xogadores visitantes e foi aí cando a diferenza comezou a ser clara ao aumentar os erros e diminuir a efectividade dos carballeses. Todo isto unido á lesión de nocello de Luís García, peza moi importante, sobre todo en tarefas defensivas, que xa viña causándolle molestias durante os entrenamentos da semana.
Na segunda parte o equipo foi quen de cambiar o chip, botaron as presas fóra e comezaron a desenvolver o seu xogo, realizando ataques moito máis longos e enlazando xogadas que xeralmente remataban con lanzamentos claros polos extremos ou dende a posición de pivote, cun Calvete que, xornada tras xornada, amosa unha melloría importante e está pasando a converterse nun referente ofensivo para o equipo. Collendo o parcial da segunda metade, 15-14, vemos que cando o equipo amosa a súa cara boa pode ganarlle a calquera, pero para iso debe de ser máis constante e non ter eses altibaixos tan drásticos durante o partido.
Ao final 36-21, un resultado claro para o equipo local, pero que non debe desanimar aos nosos xogadores. A mellora do equipo é patente partido tras partido e así debe continuar sendo.