Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

VIPECÓN XIRIA 34 – SD TEUCRO AEGÓN SALUD 22

Vipecón Xiria 34 (17+17): Bisbi, David (12), Miguel (9), Javi (2), Álex (1), Rubén (4), Jorge Bouzas (2) -equipo inicial- Martín (1), Heitor, Iván Eiroa, Jorge Viñas (3), Calvete, Luís,…

Vipecón Xiria 34 (17+17): Bisbi, David (12), Miguel (9), Javi (2), Álex (1), Rubén (4), Jorge Bouzas (2) -equipo inicial- Martín (1), Heitor, Iván Eiroa, Jorge Viñas (3), Calvete, Luís, Edu.

SD Teucro Aegón Salud 22 (11+11): Gonzalo, José, Carlos (2), Andrés (2), Eric (3), Dani (3), Álex (5) -equipo inicial- Luis (1), Tarrío, Julio (2), Adrián (2), López (2), Miguel, Tilve.

Colexiados: Lucas Crespo e Manuel Docampo.

Comezaba a carreira de fondo de seis partidos en catro semanas que ten o Vipecón Xiria para manter esa segunda posición na que se atopa e que lle daría o pase ao Campionato de España. O primeiro rival era o potente Teucro de Pontevedra, equipo que xa na primeira volta batira aos de Carballo por nove goles de diferenza, 34-25, a derrota máis avultada das dúas colleitadas polos do Xiria ata o momento.

Os xogadores do Vipecón saíron moi centrados á pista, sempre conscientes do que se xogaban. Apareceron na cancha de forma contundente e arrolladora, para marcar diferenzas dende o primeiro minuto de xogo, e os de Pontevedra non podían máis que observar como pasaba un auténtico ciclón que os deixaba fora do partido xa na primeira parte. O electrónico no intermedio xa sinalaba un 17-11 a prol dos locais. A defensa dos carballeses era impresionante, Rubén facía unha labor excelente no avanzado e todo o equipo respondía cunha solidaridade sobresainte. Apoiándose nesa faceta e na boa labor da portería, aparecían rápidos e fulgurantes contraataques que noqueaban aos foraneos e no ataque posicional a mobilidade de todos os xogadores e as correctas respostas daban o traste coa defensa do Teucro.

Na reanudación, a intensidade dos locais non baixou e isto propiciou que os de Pontevedra se rendiran ante a evidencia de que, no día de hoxe, o Vipecón era moi superior en todas as facetas a eles. No remate do partido, o 34-22, non só lle da ao Vipecón Xiria dous puntos que o seguen a manter nesa segunda praza, se non que tamén deixa a golaveraxe ao seu favor.

A próxima final será no derbi, partido fronte ao OAR da Coruña, a domicilio. Os coruñeses son líderes invictos con 4 puntos de vantaxe sobre o Vipecón.