BM LALÍN 27 – VIPECÓN XIRIA 28

Bm Lalín 27 (14+13): Iago, Martín (1), Adrián (2), José (2), Borja (7), Ramón (5), Alejandro (8) -equipo inicial- Santiago, Pedreira (1), Brais, Samuel (1), Luis, Losón, Rubén.

Vipecón Xiria 28 (14+14): Bisbi, David (6), Brais (2), Iago (2), Antón (8), Miguel (6), Jorge (4) -equipo inicial- Joaquín, Mario, Iván Eiroa.

Colexiado: Alfonso Canitrot. Non influíu no resultado final.

O Vipecón Xiria impúxose na pista do Bm Lalín por un axustado 27-28 na 16ª xornada de liga na División de Honra Cadete.

Non xogou o seu mellor encontro o equipo carballés nun partido que resultou moi dificil dende o principio fronte a un batallador equipo dezano. A igualdade no marcador no intermedio, 14-14, facía presaxiar unha segunda metade moi reñida.

No comezo da segunda metade o Vipecón collía unha pequena renda de tres tantos de vantaxe que parecía podía ser definitiva, pero o Bm Lalín, que nunca se deu por vencido, rexurdía e achégabase de novo no marcador aproveitando que os de Carballo quedaban na pista cunha dobre inferioridade. Os últimos ataques por parte dos dous equipos estiveron cheos de tensión e nervios, pero os visitantes conseguían facerse con dous puntos importantísimos para manterse na metade da taboa clasificatoria.

O próximo partido que disputará o Vipecón será o vindeiro sábado 21 no Pavillón da Zona Escolar onde os de Fernando Vázquez recibirán ao Atl. Novás Mecalia en partido pertencente á 10ª xornada e que fora aprazado no seu día.