BM OLEIROS 26 – PROCASA XIRIA 39

Bm Oleiros 26 (15+11): Javier, Alfonso (1), Antón (3), Jorge (7), Adrián (2), Daniel (9), David (4) -equipoinicial- Lema, Naya, Rubén, Corral, Maxi.

Procasa Xiria 39 (22+17): Óscar, Cristian (9), Marc (11), Alberto (3), Alberte, Marco (2), Jorge (3) -equipo inicial- Iván (3), Enrique (3), Manuel (5),Miguel.

Colexiado: Pablo Méndez, sen influencia no resultado final.

O Procasa Xiria impúxose a domicilio por 26-39 ao Bm Oleiros en partido pertencente á 5ª xornada do Campionato Territorial Infantil. O equipo carballés, composto por infantís de primeiro ano e alevíns, deixou no Pavillón de Bastiagueiro mostras da sua mellora, carácter competitivo e loita, realizando un excelente encontro. O Procasa fíxose dono do xogo dende o inicio e mandou no marcador ao longo de toda a primeira metede, realizando un balomán cheo de forza e bo facer. A superioridade dos de Carballo reflectíase no electrónico ao remate desta primeira parte cunha cómoda renda de 7 goles, 15-22. Os bergantiñáns facían unha defensa moi arriba cunha alta intensidade que non deixaba pensar aos locais e no ataque posicional mostraban un amplo sentido nos desmarques sen balón, así como moita forza e calidade nas accións de un contra un.

O partido era moi atractivo e as bancadas estaban a vibrar cos noveis xogadores dos dous equipos. Na reanudación a tónica foi identica á da primeira parte, o Procasa Xiria mandando no marcador cunha vantaxe que cada vez crecía máis e daba mostras da sua superioridade fronte un Bm Oleiros que demostrou ser un bo equipo. Ao remate, un satisfactorio 26-39 e, sobre todo, a progresión destes rapaces que de seguir así poden alcanzar grandes retos no noso balonmán.