Vipecón Xiria 35 (20+15): Bisbi, David (7), Miguel (5), Brais (5), Iago (9), Jorge (1), Antón (2) -equipo inicial- Joaquín (1), Ricardo (4), Luís, Heitor (1), Iván Eiroa, Damián.
Atl. Novás Mecalia 27 (14+13): David, Gabriel (6), Daniel (2), Fabián (2), Marcos (7), Jorge (3), Miguel (7) -equipo inicial- Xabier, Juan, Mario, Adrián, Óscar, Marcos..
Colexiados: Pablo Goitia e Cesar Carballo.Non estiveron afortunados, pero non tiveron influencia no resultado.
O Vipecón Xiria volveu xogar outro partido espectacular, sobre todo na primeira metade, fronte a un dificil rival como é o Atl. Novás. O partido comezaba con moita intensidade e os de Carballo, que entraban con moita forza no encontro, tomaban a dianteira que chegou a ser nestes inicios de 6-1 ao seu favor. Lonxe de darse por vencido e, despois dun tempo morto pedido polo seu adestrador, os do Rosal non lle perdían a cara ao partido e traballaban convencidos de que quedaba moito partido por xogar. Os visitantes mantiveron a loita durante toda a primeira metade, pero os de Carballo, que mostaban un xogo espectacular e moi maduro, impropio destas idades, firmaban un contundente 20-14 ao descanso. As bancadas estaban disfrutando dun espectáculo fantástico, cheo de loita, intensidade e bo balonmán por parte dos dous equipos que prometía moito máis cara a segunda metade.
Na reanudación o Vipecón Xiria mantivo o seu xogo maduro e levou o ritmo do partido, xogando coa vantaxe da que dispuña e dando entrada no xogo a todos os xogadores convocados. Os visitantes facían mixta sobre David e Iago, ou sobre Brais cando este se encontraba no terreo de xogo, pero o resto do equipo demostraba estar moi metido no partido e en ningún momento se temeu pola vitoria final. En definitiva dous puntos importantísimos e un partido dos que fan que os nosos xogadores crezan moitos enteiros en todos os aspectos.
Na próxima xornada o Vipecón Xiria recibe ao líder o Caixanova Octavio, o sábado no Pavillón da Zona Escolar, nun partido que promete ser vibrante dado o bo estado de forma dos rapaces que forman o plantel do Vipecón Xiria.
