Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM Lalín 31 – Calvo Xiria 25

Crónica do BM Lalín 31 – Calvo Xiria 25 Manuel Rey / 20 Xaneiro 2014 EMBUTIDOS LALINENSE BM. LALÍN 31 – CALVO XIRIA 25 Embutidos Lalinense Bm. Lalín 31 (14+17):…

Crónica do BM Lalín 31 – Calvo Xiria 25
Manuel Rey / 20 Xaneiro 2014
EMBUTIDOS LALINENSE BM. LALÍN 31 – CALVO XIRIA 25

Embutidos Lalinense Bm. Lalín 31 (14+17): Pablo [p], Adrián (1), Uxío (6), Bruno (1), Pachi (2), José (2), Rubén (5) – equipo inicial – Mouriño [p], Ramón (3), Gustavo (6), Martín (5), Óscar, Novo, Tate.

Calvo Xiria 25 (15+10): Iago [p], Ramón, Rubén , Sergio (6), Chimpo (4), Pablo (5), Manuel (4) – equipo inicial- Martín [p], Javier , Gonzalo, Zas (4), Calvete, Brais (2), Jorge.

Colexiados: Pablo Castellanos García e Luis Vázquez de Prada do colexio de Castela e León. Excluíron por parte local a Adrián (2), Ramón e Rubén mentres que polo bando visitante sancionaron a Manuel e Zas (2).

Marcador: 1-2, 5-4, 8-5, 9-10, 10-13, 14-15 (descanso); 15-17, 18-18, 22-19, 24-21, 26-23, 31-25.

7 metros: Embutidos Lalinense Bm. Lalín: 3 / 5 ### Calvo Xiria: 2 / 2

Incidencias: Preto de 200 seareiros no Lalín Arena.

Caeu derrotado o Calvo Xiria ante o Bm. Lalín por 31 goles a 25, logo de chegarse convantaxe mínima para os carballeses ao tempo de lecer, no que supón a maior vantaxe pola que caen os carballeses na presente liga de 1ª Estatal, no de seguro, o peor partido dos verdibrancos no que vai de tempada.

Non foron quen de entrar no partido os xogadores carballeses ao longo dos sesenta minutos, a excepción de pequenos momento tanto na primeira coma na segunda metade. O primeiro tempo foi xogado a un ritmo moi baixo e con moitas perdas de balóns por parte duns e outros, e so cinco minutos de traballo defensivo e un correcto manexo da posesión no ataque posicional permitiu aos visitantes acadar unha diferenza de tres goles. Mais cando todo semellaba indicar que o Calvo Xiria atopaba a súa velocidade de xogo habitual, un novo apagón no seu xogo permitía ao Lalín achegarse no electrónico e marchar aos vestiarios so un gol por debaixo.

Todo quedaba para os trinta minutos finais, e aí estivo máis atinado o conxunto dezano, que rompeu o encontro aproveitando as perdas de balóns continuadas por parte do seu rival. Soamente unha mellora na defensa e as paradas de Iago permitiron ter opcións ao Xiria de entrar de novo no encontro, pero non foi así. De novo as perdas de balón foron unha lousa demasiado pesada para os carballeses que caían por segundo partido consecutivo na liga. Quizais a derrota da pasada xornada ante o Atl. Novás pasou factura aos carballeses que teñen que retomar o seu xogo, baseado na intensidade e na concentración, para acadar os puntos necesarios para loitar ate final de tempada por as prazas máis altas da táboa clasificatoria.

A vindeira xornada disputarase o derbi provincial ante o Bm. Ártabro no Vila de Noia ás 18:00.