CISNE DE BALONMÁN: 35 – E.BM.XIRIA: 46

XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA

Cisne de Balonmán 35 (17+18): Sergio, Aaron (3), Ángel (7), David (1), Javier (6), Yago (2), Sergio, Mario, Diego (8), Aaron (3), Eloy (2), Ricardo e Daniel (3).

E. BM. Xiria 46 (20+26): Dani Buño, Lolo (7), Enrique (11), Iván (14), Dani Gª (2), Diego (1), Julián (7), Cristian (3), Alberto, Jorge e Borja (1).

O Xiria xuvenil visitaba ao último na táboa, o Cisne, nun encontro ao que chegaba con poucos recambios, xa que non podería contar cos xogadores cadetes habitualmente convocados que xogaban á mesma hora en Bueu, e tampouco co seu extremo Óscar, que sufriu unha grave lesión no xeonllo e será baixa ata a vindeira tempada.

Os carballeses comezaron mandando pronto no marcador, aínda que con pequenas vantaxes. A rápida transición defensa-ataque do Xiria permitía facer moito dano, sobre todo co lanzamento exterior de Iván na segunda oleada, 7-9 minuto 15. Sen embargo en defensa custaba moito frear ao pivote cineísta que foi o maior perigo local. Tras este parcial varios roubos en defensa permitiron aumentar a vantaxe aos 5 goles, sen embargo o Cisne respondeu e de novo conectando co seu pivote colocaba o 20-17 ao descanso.

Na segunda metade o Xiria foi pouco a pouco abrindo brecha no marcador sen chegar a amosar o seu mellor nivel de xogo, sobre todo en defensa onde non tivo a contundencia necesaria para frear o ataque local e rematou encaixando demasiados goles. En ataque Enrique foi o goleador do segundo tempo, con rápidas fintas e anticipándose á recepción do balón conseguía superar unha e outra vez a defensa do Cisne. E tamén destacar a Borja, que apenas leva un par de meses co equipo e conseguiu anotar un gol de gran factura.

Ao remate 46-35 nun cómodo partido para o Xiria, que se dedicou a meter goles e a facer un xogo rápido para levarse así a vitoria contra o pechacancelas da táboa.