Bm. Lalín 32 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 26

05/02/2005 2ª XORNADA

BM. BUEU: Alberto, Borja ( 7 ), Porto ( 9 ), Roberto ( 8 ), Eduardo ( 3 ), Alejandro ( 2 ), Guillermo ( 1 ), – equipo inicial – Bruno ( 1 ), Adrián ( 1 ), Jesús, Iago, Efrén, Cristrian, Nicolás.

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Iván, Cuco ( 4 ), Queco ( 1 ), Hugo, Cristophe ( 7 ), Carlos ( 4 ), Rodrigo – equipo inicial – Miguel, Anxo Alex, Alberto, Chimpo ( 9 ), Aitor ( 1 ), Gonzalo.

O Asesoría Sueiro Xiria caeu derrotado ante o Lalín en terras do Deza por un abultado 32 a 26 ( 15 – 14 no tempo de lecer ).

A perda de concentración a partir do minuto quince da primeira metade foi un obstáculo insalvable para os carballeses que nese momento, e cun bo xogo, vencían por 9 a 6 goles. A partir deste intre intentou xogar individualmente e acabou un gol abaixo a primeira metade por insistir nesta liña.

A segunda metade foi un calco dos últimos minutos da primeira, con accións individuais que non conducen a ningún resultado positivo e cunha defensa desaparecida e que non axudou en ningún momento ós seus porteiros que tampouco estiveron nun nivel aceptable.

Esperemos que este toque de atención en forma de derrota teña un resultado positivo nas vindeiras xornadas e que faga entender que si o colectivo funcionaée cando se conseguen victorias cómodas.

Os colexiados Srs. Rodríguez e García non foron ecuánimes e en ningún momento mediron polo mesmo raseiro a un e outro conxunto no aspecto disciplinario.