CALVO XIRIA 33 – BM PUERTO CRUZ 25
XORNADA 5 17/10/2009 CALVO XIRIA 33 – BM PUERTO CRUZ 25 Calvo Xiria 33 (18+15): “Kike” Guerra (p), “Cuco” Lema (6), Ángel Varela (3), “Chimpo” Rodríguez (9), Ramón Suárez-Pumariega (1),…
XORNADA 5
17/10/2009 CALVO XIRIA 33 – BM PUERTO CRUZ 25
Calvo Xiria 33 (18+15): “Kike” Guerra (p), “Cuco” Lema (6), Ángel Varela (3), “Chimpo” Rodríguez (9), Ramón Suárez-Pumariega (1), “Christophe” Castro, Alberto Salgado (8) –equipo inicial- “Iago” Gómez (p), Pablo Iglesias (4/ 4 de 7m.), Manu Méndez, Jesús Varela e “Álex” Zas (2).
Bm Puerto Cruz 25 (10+15): “Feli” Medina (p), “Juanmi” López, Leandro Gabriel (3), “Lolo” Morawe (5), David Fernández (2), Alby Regalado (7/ 2 de 7m.), “Javi” García (5) –equipo inicial- Blas Martín (p), Edgar González, “Nico” González, “Juanjo” Rodríguez (1) e Dailos Castañeda (2).
Colexiados: Sres. Reinoso e Reyes.
Parciais: Primeiro tempo: 0-1 (Leandro), 1-1 (Alberto), 2-1 (Cuco), 3-1 (Ángel), 3-2 (Javi Garcia), 4-2 (Alberto) /// 4-3 (Leandro), 5-3 (Alberto) /// 5-4 (Javi García), 5-5 (Morawe), 6-5 (Pablo-de 7m.), 7-5 (Cuco), 7-6 (Alby), 8-6 (Alberto) /// 9-6 (Ramón), 10-6 (Cuco), 10-7 (David), 10-8 (Morawe), 11-8 (Pablo-de 7m.) /// 12-8 (Cuco), 12-9 (Javi García), 13-9 (Chimpo), 14-9 (Chimpo), 15-9 (Ángel), 15-10 (Leandro) /// 16-10 (Pablo-de 7m.), 17-10 (Alberto), 18-10 (Pablo-de 7m).
Segundo tempo: 18-11 (Dailos), 19-11 (Chimpo), 20-11 (Chimpo), 21-11 (Chimpo) /// 21-12 (Alby), 22-12 (Ángel), 22-13 (Alby), 23-13 (Chimpo), 24-13 (Zas), 24-14 (Dailos), 24-15 (Alby) /// 24-16 (Juanjo), 24-17 (Morawe), 24-18 (Alby-de 7m.), 25-18 (Cuco), 25-19 (Alby-de 7m.) /// 26-19 (Chimpo), 26-20 (Javi García) /// 27-20 (Alberto), 27-21 (Morawe), 28-21 (Cuco), 28-22 (Morawe), 28-23 (Javi García) /// 29-23 (Chimpo), 30-23 (Alberto), 30-24 (Alby), 31-24 (Chimpo), 32-24 (Alberto), 32-25 (David), 33-25 (Zas).
Porteiros: Calvo Xiria.- Kike: 22 (11+11) de 47. /// Bm Puerto Cruz.- Medina: 5 de 23. Blas: 12 de 28
7 Metros: Calvo Xiria. – 7 / 4 /// Bm. Puerto Cruz.- 2 / 2
Exclusións: Calvo Xiria.- Christophe (min. 8 e 27), Alberto (min. 31), Manu (min. 32), Cuco (min. 36 e 38) e Zas (min. 32). /// Bm. Puerto Cruz.- Nico (min. 12 e 38), Juanmi (min.55), Leandro (Vermella, min. 38)
Tempos Mortos: Calvo Xiria.- Min. 29:00 /// Bm. Puerto Cruz.- Min. 23:55 e 56:28
Máximo Goleador: “Chimpo» Rodríguez: 9 goles de 17 intentos.
Mellor Xogador: “Cuco” Lema. Coa colaboración de Ramón fixo un gran traballo de contención, destacando asemade no plano ofensivo coa consecución de 6 tantos.
Despois das decepcións sufridas nos dous partidos anteriores, a quinta xornada de liga en Primeira División Estatal de Balonmán deparou un novo motivo de satisfacción para os afeccionados carballeses. O noso equipo conseguiu derrotar na súa pista do “Pavillón Vila de Noia” á escuadra tinerfeña do Bm. Puerto Cruz por 33-25. Terceira vitoria da temporada que lle permite escalar ata o 5º posto dunha clasificación que continúa comandada polo intratable OAR Coruña.
O saque inicial corresponde aos canarios que tras unha rapidísima circulación inauguran o marcador con un bo disparo do seu lateral zurdo Leandro. Axiña Alberto empata con similar facilidade e a defensa encadea varias accións perfectamente coordinadas que permiten ao Xiria colocarse cun 3-1 favorable. Segue un intercambio de goles e despois de que os locais desaproveitasen a posibilidade de irse de tres ao estragar un lanzamento de sete metros, prodúcese a reacción do equipo insular que con goles do extremo Javi García e do alemán Morawe empatan a 5. Mais axiña os carballeses, ben axudados por Kike na portería, volven a cerrarse en defensa con efectividade e pouco despois de pasar o ecuador desta primeira parte, conseguen abrir unha brecha de catro goles (10-6). O equipo portuense recorta ata o 10-8, pero nos próximos cinco minutos, espoleados por un Chimpo moi activo, o Xiria colócase cun 14-9 obrigando ao técnico forasteiro, Toño Gorrín, a pedir un “Time-out” no min. 24. Restablecido o partido e a pesar de xogar os derradeiros minutos con un home menos, os xogadores dirixidos por Marcos Rodríguez continúan imparables e antes do descanso conseguen aumentar a vantaxe ata os 8 goles. Termina pois este primeiro acto con un 18-10 favorable para o Xiria.
Tras o descanso as cousas continúan de cara para os locais, pois o tanto inicial do xuvenil Dailos é contestado con tres consecutivos de Chimpo (21-11). O canario Alby Regalado, un dos destacados goleadores da pasada campaña, algo apagado na primeira parte, empeza a funcionar pero o Calvo Xiria consegue manter a vantaxe e no minuto 37 con un gol á contra de Álex Zas ata chega a ampliala. O marcador, cun 24-13, sinala a máxima diferenza do partido e os portuenses semellan non levantar cabeza. Deseguido, nun cortísimo espazo de tempo, o seu corpulento pivote Nico, que non podía xogar en ataque por unha lesión no ombreiro, é excluído; Alby falla un doado contraataque e moi merecidamente a Leandro amósanlle unha vermella directa. Así, cando peor o tiñan, aparece a figura do gardameta Blas que saíra ao comezo desta segunda metade e realizando un bo feixe de paradas, con dous lanzamentos de sete metros incluídos, levanta os ánimos dos seus aparentemente durmidos compañeiros que asemade aproveitan a relaxación dos de Carballo para acercarse no electrónico ata un 24-18 e a falta de 8 minutos ata un xa inquietante 28-23. O Xiria estaba pasando uns momentos moi malos en ataque, fallando todo. Pero para ledicia dos seareiros, no tramo final, mentres os das illas marcaban só outros dous tantos, Alberto e Chimpo con cadansúa parella de goles e o xuvenil Álex Zas que marcou o último, estableceron o definitivo e ben merecido 33-25.