BM. PABELLÓN OURENSE 20 – VIPECÓN XIRIA 33
Bm Pabellón Ourense 20 (10+10): Joel, Juan (7), Nilson (5), Jean (3), Andrés (2), Rubén (1) –equipo inicial- Pablo (1), Martín, Adrián, Cristian, Diego, Aarón, González, Víctor (1). Vipecón Xiria…
Bm Pabellón Ourense 20 (10+10): Joel, Juan (7), Nilson (5), Jean (3), Andrés (2), Rubén (1) –equipo inicial- Pablo (1), Martín, Adrián, Cristian, Diego, Aarón, González, Víctor (1).
Vipecón Xiria 33 (16+17): Bisbi, Miguel (11), Martín (5), Rubén (4), Álex (4), Heitor (3), Jorge Bouzas (2) –equipo inicial– Eduardo (3), David (1), Iván Eiroa, Javi, Jorge Viñas.
Colexiado: Alfonso Canitrot e Rubén Castro.
O Vipecón Xiria visitou, na 3ª xornada de liga na División de Honra Cadete, ao Bm Pabellón Ourense, equipo recén ascendido e pechacancelas da clasificación. Os carballeses facíanse cos dous puntos ao vencer por 20-33 o que lles permite continuar como líderes na táboa clasificatoria ao ter mellor golaveraxe que o OAR que ten os mesmos puntos.
Os carballeses viaxaban con un dos seus referentes, David, moi mermado cunhas molestias nun abductor, pero, aínda así, e logo de un comezo de partido titubeante, demostraron a súa superioridade, incluso cos xogadores de primeiro ano. Así, foron os visitantes os que levaron a dianteira dende un principio no marcador, superiores en todas as fases do xogo. En definitiva, un partido sen historia coma xa reflectía o electrónico ao remate da primeira parte, 10-16. Todos os xogadores do Vipecón dispuxeron de minutos de xogo, e todos eles estiveron a un bo nivel.
Na segunda metade, o único aliciente era saber cal sería a diferenza final a prol dos visitantes. O partido finalizaba con un incontestable 20-33, que deixaba ben claro as diferenzas existentes entre ambos conxuntos, e que facía posible que os de Carballo sigan comandando a taboa clasificatoria nun excelente comenzo de liga
O próximo paso intentaremos dalo a vindeira fin de semana, domingo 25 ás 10.30 h, no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, fronte un bo equipo, o Seis do Nadal vigués.