BM MOAÑA 32 – GARAYSA XIRIA 34

Bm Moaña 32 (11+21): Mario, Pablo, Ángel (9), Esteban (5), Juan (6), Fernando (1), Diego, Sergio, Héctor (5), Mauro (6).

Garaysa Xiria 34 (15+19): Jorge, Buño, Daniel García (5), Andrés (4), Jose (2), Borja R., Iván Calvo (3), Borja F., Gabriel (4), Iván Campos (1), Raúl (9), Diego (4), Lolo (2), Alejandro (2), Enrique (1).

Segundo encontro desta fin de semana de doble xornada á que se enfrontaba o Garaysa Xiria, e na que acadou dúas vitorias máis, co que manteñen opcións de acabar entre os dous primeiros postos na táboa, que dan acceso ao Campionato de España de clubs.

Nesta ocasión a expedición carballesa viaxaba ata O Morrazo para enfrontarse ao Bm. Moaña, 11º clasificado con 10 puntos. O Garaysa saltou ao campo cos xogadores menos habituais e non tardaron en tomar vantaxe no marcador. A defensa profunda provocaba erros no ataque local e os contragolpes resultaban letais. Quizais foi esa cómoda vantaxe inicial a que provocou demasiada relaxación entre os xogadores carballeses que en lugar de aumentar a intensidade e ir progresivamente resolvendo o encontro, deixaron vivo a un Moaña que non abandonou a loita, a pesar de ir perdendo durante todo o encontro e a piques estivo de dar a sorpresa.

O 11-15 ao descanso amosaba que a diferenza de potencial existente entre ambos conxuntos non se vía reflexada no marcador. Na segunda metade os nervios comezaron a aparecer, o Moaña apretaba e o Xiria loitaba contra si mesmo. Demasiados erros en pases non forzados e perdas de balón froito dos nervios acabaron por facer soñar ao Moaña, que se plantou a 30 segundos do final con tan só un gol de desvantaxe, 32-33. O Garaysa resolveu con bo criterio o derradeiro ataque do encontro, 32-34, resultado demasiado axustado pero que vale dous puntos máis.

Asemella que queda moito por traballar cos xogadores máis novos, pero a actitude é boa, así que de seguro que será cuestión de tempo que acaden o nivel dos demais.

Na seguinte xornada o Garaysa Xiria recibe ao Bueu Atl. Bm., inmediato perseguidor do Garays con un só punto menos. Este será o primeiro dos tres encontros que restan por xogar. No seguinte viaxamos a Vigo para xogar contra o Lavadores e remataremos a tempada recibindo ao Bm.Tui en Carballo, partido que, agardamos, sexa unha auténtica festa de despedida tal e como a ocasión o merece. Moita sorte.