IFECGAS PEREIRA XIRIA 30 – CAIXANOVA OAR 31

Ifecgás Pereira Xiria: 30 (15+15): Dani, Iago (10), Brais (6), Alvarito (1), Jorge, Miguel (8), Joaquín (1) –equipo inicial- Martín, Ricardo (2), Luís, Iván, Dani Amado, Mario, Cristian (2).

Caixanova OAR: 31 (13+18): Nacho, Rey (2), Ángel (9), Jesús (4), Miguel (4), César (7), Sergio (3) –equipo inicial- Rubén, Marcos, Kevin (2), Dani, Jaime.

Colexiados: Andrés Rosendo e Pablo Álvarez.

Encontro adiantado da 21ª e penúltima xornada de liga, que enfrentou aos dous equipos da provincia no pavillón carballés Vila de Noia con unha notable afluencia de público.

Foi un bo partido o disputado polos xogadores do Ifecgás Pereira Xiria, que mandaron no envite durante toda a primeira metade ante un dos mellores planteis da liga de División de Honra. O embite comezaba cun equipo local moi metido no papel a desenvolver e conseguindo uns primeiros parciais importantes que chegaron a darlle aos de Carballo ata cinco goles de renda. Os herculinos non cexaban no seu intento de dar caza aosdo Xiria e conseguían achegarse no marcador co pitido que anunciaba o remate dos primeiros trinta minutos, 15-13.

Na reanudación as cousas seguían da mesma maneira, os de Xiria comandando o marcador e os do OAR mantendo esa curta distancia que anunciaba o electrónico. Todo parecía perfecto para que os locais saíran vitoriosos e cos dous puntos en xogo, xa que os visitantes afrontaban os derradeiros minutos en inferioridade e ademáis con un gol por debaixo. Unha vez máis, e tal e como ocurrira en Pontevedra na anterior xornada, os carballeses non souberon sacar partido a esta vantaxe e foron os xogadores coruñeses os que demostraron máis pouso e madurez nos instantes decisivos, que á postre lles deron os dous puntos en xogo.

De calquera xeito, hai que dicir que o Ifecgás Pereira fixo un sobresaínte partido contra un dos mellores equipos do campionato e só sucumbiu nos instantes finais.

O próximo encontro a disputar polo Ifecgas Pereira Xiria será o próximo domingo 27 fronte ao Lavadores. A cita será no pavillón carballés Vila de Noia ás 10:30.